Premio Antón Risco de literatura fantástica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O premio Antón Risco de literatura fantástica, cuxa 1ª edición se fallou o 10 de decembro de 2015[1], distingue con 3.000 euros e a publicación do libro un texto inédito escrito en lingua galega cuxa temática xire ao redor do xénero da literatura fantástica; así mesmo, serve como unha forma de posta en valor da figura do escritor allarizao Antón Risco. Está organizado por Urco editora, en colaboración con Sacauntos Cooperativa Gráfica ou a Fundación Vicente Risco, entre outros[2].

O 11 de febreiro de 2017 deuse a coñecer o fallo da segunda edición[3], mentres que a terceira foi convocada o 20 de xullo de 2017[4].

Lista de gañadores[editar | editar a fonte]

Edición Ano Gañador Obra Outras mencións
Primeira 2015 Antonio Manuel Fraga Querido H.P.L. A obra Peixe Babel de Carlos Quiroga foi a outra finalista.
Segunda 2016 Fausta Cardoso Pereira Dormir com Lisboa As obras O neno que soñaba coa Lúa e mais Penumbra foron finalistas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]