Saltar ao contido

Unión do Traballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unia Pracy
Unión do Traballo
Partido socialista polaco
Dirixentes e organización
LíderWaldemar Witkowski
Filiación internacionalInternacional Socialista, Partido Socialista Europeo
Historia
Fundación1992
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia
Outros datos
SedeNowogrodzka 4, 00-513, Varsovia
Na rede
www.uniapracy.org.pl

A Unión do Traballo (en polaco: Unia Pracy, UP) é un partido político polaco, membro da Internacional Socialista e do Partido Socialista Europeo.

O partido obtivo o 7,3% dos votos e 41 escanos nas eleccións xerais de 1993. Nas de 1997 non superou o mínimo esixido do 5% e non obtivo representación parlamentaria. Nas eleccións de 2001 presentouse canda a Alianza da Esquerda Democrática e conseguiu 16 escanos dos 116 da coalición. Algúns membros abandonaron o partido para unirse ao Partido Socialdemócrata de Polonia (SdPl). En maio de 2004 formou unha alianza co SdPl na que ambos partidos acordaron presentarse conxuntamente ás eleccións xerais (obtiveron o 3.9% dos votos, por debaixo do 5%, ficando sen representación parlamentaria) e apoiar a Marek Borowski como candidato nas eleccións presidenciais de 2005. No 2006 formou parte da coalición Esquerda e Demócratas canda outros partidos, coa que se presentou ás elección xerais de 2007.