Unha noite no Monte Pelado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Modest Musorgskii, 1865

Unha noite no Monte Pelado[1][2] (ruso: Ночь на лысой горе, Noch na lysoi gore), unha serie de composicións de Modest Musorgskii (1839–1881). Inspiradas en obras e lendas da literatura rusa, Musorgskii compuxo "poemas sinfónicos", (ruso: Иванова ночь на лысой горе, Ivanova noch na lysoi gore) sobre o tema dun aquelarre na Noite de San Xoán, que rematou esa mesma noite, o 23 de xuño de 1867. Xunto con Sadko de Nikolai Rimskii-Korsakov (1867), é un dos primeiros poemas feito por un compositor ruso.[3]

Malia que Musorgskii estaba orgulloso do seu traballo xuvenil, o seu mentor, Milii Balakirev, rexeitou interpretalo. Para salvar o que el consideraba como material de valor, Musorgskii intentou engadir música, reformulou as parte de solos, coros e orquestra, en dous proxectos de ópera-ballet Mlada (1872), e a ópera A feira de Sorochyntsi (1880). Porén, Unha noite no Monte Pelado xamais foi interpretado durante a vida de Musorgskii.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O CDG edita a guía didáctica de 'A Cabana de Babaiagá'". Vieiros. 21 de xuño de 1006. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. Auditorio de Galicia (ed.). "Casiano Mouriño Maquieira". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  3. Calvocoressi (1956: p. 78)
  4. Calvocoressi, Abraham (1974: p. 21)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Calvocoressi, M.-D., Abraham, G., Mussorgsky, 'Master Musicians' Series, London: J.M.Dent & Sons, Ltd., 1946/1974
  • Calvocoressi, M.-D., Modest Mussorgsky: His Life and Works, London: Rockliff, 1956