Unha amizade para sempre
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Palma (homónimos).
Unha amizade para sempre | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Пальма |
Director | Aleksandr Domogarov Jr. |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Waiting for Two Years de Yuri Rost |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Sergey Dyshuk |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Central Partnership |
Estrea | 18 de marzo de 2021 2 de xaneiro de 2023 (TVG) |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Rusia |
Xénero | Drama e aventuras |
Orzamento | 95 millóns de rublos |
Recadación | 341 millóns de rublos[1] |
Na rede | |
https://akita-movie.com/ | |
Unha amizade para sempre[2] (en versión orixinal en ruso: Пальма; Palma), é un filme dramático ruso de aventuras infantil de 2021 dirixido por Aleksandr Domogarov Jr.. Baseáse en feitos reais que tiveron lugar en 1974-1976 no aeroporto internacional de Vnukovo en Moscova.
Estreouse nos cinemas o 18 de marzo de 2021 por Central Partnership e na Televisión de Galicia, dobrada ao galego, o 2 de xaneiro de 2023.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Na década de 1970, na Unión Soviética, o propietario dun can chamado Palma, de raza pastor alemán, voa ao estranxeiro. Pero Palma escóndese no aeroporto e agarda polo seu dono. Coñece a un neno chamado Kolya Lazarev, que perdeu a súa nai, e fanse mellores amigos.[4]
Elenco
[editar | editar a fonte]- Viktor Dobronravov como Vyacheslav Lazarev, un comandante piloto de avións.
- Liliya (Pastor alemán) como Palma
- Leonid Basov como o neno Kolya Lazarev
- Vladimir Ilyin como Sergey Tikhonov, técnico aeroportuario, pai de Nina Tikhonova
- Valeriya Fedorovich como Nina Tikhonova, persoal a bordo, filla de Sergey Tikhonov
- Evgeniya Dmitrieva como Lyubov Zhurina, xefe do esquadrón de voo da OJSC “Aeroflot Soviética”
- Igor Khripunov como Evgeny Golikov, xefe do Servizo de Seguridade Soviético
- Pavel Maykov como Georgy Krasilov, copiloto
- Vladimir Simonov como Ivan Lysko
- Yan Tsapnik como Igor Polsky, dono da pastora Palma
- Filipp Savinkov como Kravchenko, comisario de a bordo
- Darya Luzina como Anna, comisaria de a bordo
- Elena Anisimova como Raisa Semenovna
- Bain Bovaldinov como o policía Fedya
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office, Russian Cinema Fund`s Analytics (RCFA)
- ↑ "Unha amizade para sempre (2021) Película - PLAY Cine". abc (en castelán). 2022-01-21. Consultado o 2024-01-03.[Ligazón morta]
- ↑ rsbagency.com, RSB Agency-. "Unha amizade para sempre". Guía TV de Expansión (en castelán). Consultado o 2024-01-03.
- ↑ "Пальма / A Dog Named Palma (2021)" (en ruso). Consultado o 7/5/2023.