Lingua umbundu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Umbundu»)
Umbundu
Úmbúndú
Outros nomes:mbundu do sur
Falado en: Angola
Rexións: África austral
Total de falantes: 6,19 millóns (2014)[1]
Familia:
 Atlántico-congolesa
  Benue–congolesa
   Bantoide meridional
    Bantú
     Umbundu
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Angola (lingua nacional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: umb
ISO 639-3: umb
Mapa
Status

O umbundu, ou mbundu do sur (autónimo úmbúndú), é unha das dúas linguas bantús faladas en Angola, sendo a outra o kimbundu. É a lingua máis falada de Angola. Os seus falantes son coñecidos como ovimbundu e son un grupo étnico que constitúe un terzo da poboación do país. O seu territorio tradicional son as terras altas de Angola Central e a rexión costeira ó oeste desas terras, incluíndo as cidades de Benguela e Lobito. Por mor de migracións internas recentes, hai grandes comunidades de falantes umbundu na capital, Luanda, e na provincia homónima, así como en Lubango.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The World Factbook — Central Intelligence Agency". www.cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schadeberg, Thilo C. (1982) 'Nasalization in Umbundu', Journal of African Languages and Linguistics, 4, 2, 109–132.
  • Gladwyn M. Childs 'Umbundu Kinship and Character: Being a Description of Social Structure and Individual Development of the Ovimbundu', Londres: Oxford University Press, 1949. ISBN 0-8357-3227-4.