Ultra Boys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Ultra Boys son un grupo ultra do Real Sporting de Gijón, fundado en 1981. Trátase dun dos grupos máis antigos do panorama ultra español.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo fundouse na tempada 1981. Desde entón sempre existiu e contou cun gran número de membros ou socios que viviron distintos momentos polos que pasou o club desde entón (desde participacións na Copa da UEFA até unha etapa recente na que o club atopouse á beira da desaparición.

Na actualidade contan cunha cifra próxima aos 1000 socios que se atopan localizados nunha zona da bancada sur de El Molinón (denominada "fondo joven" ou sub-30) que o club ten especialmente habilitada para eles xa que non dispoñen de asentos, contan cunha valla sen publicidade na que poden colocar unha pancarta co seu nome e dispoñen dun cuarto no que gardan o material co que realizan os tifos durante os partidos e as distintas pancartas que empregan nos mesmos.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que a principal ideoloxía do grupo é o amor incondicional ao Sporting de Gijón e o odio ao Real Oviedo, tamén hai pequenas faccións de extrema dereita como así demostran tanto a aparición de bandeiras da época franquista como de símbolos nazis debuxados nas paredes da bancada ou nalgún dos tambores que se empregan para animar ao equipo.

Amizades e rivalidades[editar | editar a fonte]

Normalmente a convivencia con outras afeccións adoita ser amistosa como así testemuñan as boas relacións existentes entre o grupo Supporters Gol Sur do Real Betis, Frente Atlético do Atlético de Madrid, Ultras Yomus do Valencia CF ou Ligallo Fondo Norte do Real Zaragoza. Tamén teñen unha grande amizade coa afección do Logroñés debido á irmandade existente entre este club e o Sporting; e con Brigadas Charra, do UD Salamanca, debido aos masivos desprazamentos de ambas afeccións a sendas cidades.

As súas maiores rivalidades as teñen con Symmachiarii do Real Oviedo (debido á ideoloxía antioviedista do grupo), Ultra Violetas do Real Valladolid que están irmandados cos Symmachiarii, Indar Gorri do Osasuna, Herri Norte Taldea do Athletic Club e Biris Norte do Sevilla FC debido en parte á gran sintonía existente entre o Sporting e o Real Betis, que é o maior rival do Sevilla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]