Saltar ao contido

Ultras (deporte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ultras é o nome que se dá en Europa a algúns grupos organizados radicais que apoian a equipos de fútbol. En Inglaterra coñéceselles como Hooligans. En Latinoamérica este tipo de grupos son coñecidos como barras bravas, fóra do Brasil, onde se lles chama torcidas, aínda que este termo agrupa a moitas inchadas que non teñen un comportamento radicais.

Orixe dos Ultras

[editar | editar a fonte]

Non existe claridade sobre a orixe destes grupos. A violencia no fútbol é case tan antiga como o xogo mesmo, existindo en Inglaterra antecedentes que a remotan ao ano 1898, cando nun informe da policía utilízase por primeira vez o termo hooligan para designar a grupos de afeccionados que provocaban feitos de violencia.[1] Con todo, téndese a aceptar que a orixe dos grupos organizados coa denominación de Ultras, con algunha diferenzas estéticas e culturais respecto dos Hooligans, data da década de 1960 en Italia, estendéndose logo polo resto de Europa. Porén, non foi senón ata a década de 1980 que os Ultras alcanzaron notoriedade pública, en distintos países europeos, polo nivel de animación, colorido, membros e violencia que xeraban dentro e fóra dos estadios.

Carácter dos Ultras

[editar | editar a fonte]
Ultras do Sevilla FC.

A subcultura ultra é unha mestura de estilos para apoiar a un equipo de fútbol, que pode ser mediante coreografías, o uso de bandeiras, estandartes, bengalas, cánticos e as bufandas co nome de cada grupo ultra. Os grupos poden estar compostos por centos ou miles de afeccionados, aparecendo alianzas e rivalidades que en moitos casos ven forxadas polas ideoloxías políticas dos grupos ultras máis radicais.

Algúns grupos ultras están asociados con faccións políticas de extrema dereita, que adoitan mostrar esvásticas, cruces célticas e símbolos fascistas, entre os que se atopan os Irriducibili da Lazio en Italia, os Ultras Sur do Real Madrid en España ou os Super Dragõé do Porto en Portugal, entre outros.

Doutra banda, tamén existen grupos ultras que se definen a si mesmos de extrema esquerda, mostrando símbolos ou imaxes icónicas de esquerda, por exemplo a de Ernesto "Che" Guevara. Algúns dos grupos de esquerda máis coñecidos son os South Winners do Olympique de Marsella en Francia, as Brigate Autonome Livornesi do Livorno en Italia ou a Green Brigade do Celtic FC. Outros, pola súa banda utilizan símbolos anarquistas, aínda que non necesariamente con algunha identificación ideolóxica clara.

Tamén outros grupos ultras que se caracterizan polo seu carácter nacionalista, especialmente en España, como os Herri Norte Taldea do Athletic de Bilbao (País Vasco), os Riazor Blues do Deportivo da Coruña (Galicia), os Celtarras do Celta de Vigo (Galicia) ou os Boixos Nois (nacionalismo de dereitas) e os Almogàvers (nacionalismo de esquerdas) do FC Barcelona (Cataluña).

Con todo, moitos grupos non se definen baixo ningún tipo de ideoloxía política ou reivindicación nacionalista, limitándose a defender as cores dos seus equipo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]