Uloboridae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Uloboridae é unha familia de arañas pertencente á orde Araneae da clase Arachnida.

Caraterísticas[editar | editar a fonte]

O seu tamaño adoita estar entre os 3 e os 10 mm, aínda que en raras ocasións poden superan os 12 milímetros de longo e teñen o primeiro par de patas anteriores moi alongadas. A diferenza do resto das arañas posúen ningún tipo de glándula velenosa [1] e están provistos de cribelo que produce un tipo de seda formada por fibras ensarilladas formando arañeiras, normalmente en disposición horizontal, moi resistentes e non apegañentas cun deseño característico en forma de zig-zag, coñecido como stabilimentum, cara ao centro.

Arañeira do macho de Octonoba takanai

Comportamento[editar | editar a fonte]

Por mor da xeometría particular da súa arañeira, estas arañas ao asumiren unha postura en arco coas súas patas anteriores conseguen un mimetismo case perfecto, semellando unha folla ou unha póla pousada na propia arañeira, o que lles permite lanzar de súpeto sobre a incauta presa numerosos fíos de seda que a envolven toda.

Distribución[editar | editar a fonte]

As 262 especies coñecidas distribúense por todo o mundo, considerándose unha familia cosmopolita, a excepción das zonas desérticas de Groenlandia, Sáhara e Arabia onde non está presente e o norte do continente europeo, con só dúas especies: Uloborus walckenaerius e Hyptiotes paradoxus

Femia de Zosis geniculatus

== Taxonomía ==

Con datos de decembro de 2011, componse de 18 xéneros e 262 especies[2]:

Uloboridae, distribución

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Spiders of Europe and Greenland". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2012. 
  2. The world spider catalog, Uloboridae URL consultato il 6 gennaio 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]