Ulmus × hollandica
Ulmus hollandica | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ulmus hollandica 'Wredei' | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Ulmus × hollandica Mill. |
O Ulmus × hollandica é un híbrido natural entre o olmo de montaña (Ulmus glabra) e o olmo mediterráneo (Ulmus minor) que habitualmente acontece por toda Europa alí onde as zonas de distribución das dúas especies emparentadas superpóñense. Tamén se ten plantado amplamente por todas as zonas temperadas[1] .[2][3]
En Galicia existen algúns exemplares senlleiros.
Descrición
[editar | editar a fonte]As árbores e follas son amplamente intermedias entre as dúas especies.[4]
Pragas e enfermidades
[editar | editar a fonte]Algún exemplares posúen unha moderada resistencia á grafiose.[5] Exemplos de superviventes maduros na zona de hibridación de Essex inclúen os olmos híbridos na presa do río Can, no extremo occidental do Admiral's Park, Chelmsford.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Introducido en América do Norte e Australasia, moitas árbores vellas aínda sobreviven en Nova Zelandia, en particular en Auckland, sendo considerado o mellor exemplar o que se atopa nas aforas do Ellerslie Racecourse.[6]
Árbores senlleiras en Galicia
[editar | editar a fonte]O Ulmus hollandica do Pazo de Lourizán en Pontevedra e o conxunto destas árbores do Xardín de San Carlos da Coruña, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bean, W. J. (1981). Trees and shrubs hardy in Great Britain, 7.ª edición. Murray, Londres.
- ↑ Elwes, H. J. & Henry, A. (1913). The Trees of Great Britain & Ireland. Vol. VII. pp 1848-1929. Private publication, Edimburgo.
- ↑ Richens, R. H. (1983). Elm. Cambridge University Press.
- ↑ Collin, E. (2001). Elm. In Teissier du Cros (Ed.) (2001) Forest Genetic Resources Management and Conservation. France as a case study. Ministerio de Agricultura y Pesca, Bureau of Genetic Resources. INRA DIC. Francia.
- ↑ Burdekin, D. A. & Rushforth, K. D. (Revisado por Webber J. F. 1996). Elms resistant to Dutch elm disease. Arboricultural Research Note 2/96. Arboricultural Advisory and Information Service, Alice Holt, Farnham, UK.
- ↑ Auckland Botanical Society (2003). Journal Vol. 58 (1), Xuño 2003. ISSN 0113-41332
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ulmus × hollandica |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulmus × hollandica |