Ucrainofobia
O sentimento anti-ucraíno ou ucrainofobia é o odio aos ucraínos, á cultura ucraína, á lingua ucraína ou á Ucraína como unha nación.[1] Está moi presente en Polonia e na antiga Unión Soviética, sobre todo en Rusia e nalgunhas partes do leste de Ucraína, na fronteira con Rusia, moi habitada por rusos.[2] O seu contrario é ucrainofilia.
Os estudos modernos establecen dous tipos de sentimento anti-ucraíno: un baseado na discriminación dos ucraínos en base á súa orixe étnica e cultural (similar a outras manifestacións de xenofobia e racismo), e outra baseada no rexeitamento conceptual dos ucraínos, a cultura ucraína e a linguaxe ucraína como artificial e contranatural. No século XX, varios autores apoiaron unha afirmación de que a identidade e a lingua ucraína fora creada artificialmente ao fin de debilitar a Rusia.[3] Este argumento foi promulgado por varios autores conservadores rusos. Non obstante, é un argumento totalmente falso, dado que a lingua ucraína, ao igual que a lingua bielorrusa, proceden da lingua rutena.
Ucrainofobia por país
[editar | editar a fonte]Ucraína
[editar | editar a fonte]O domingo 15 de xullo de 2012, a emisora de televisión nacional en Ucraína, Pershyi Natsionalnyi (Перший національний), no seu programa de noticias "Resumo da semana" (Підсумки тижня) mostrou imaxes de vídeo do desenvolvemento dos sentimentos anti-ucraínos en Ucraína.[4]
Caso Bilozir
[editar | editar a fonte]O 8 de maio de 2000, Ihor Bilozir, compositor e artista ucraíno foi asasinado en Lviv.[5] Foi golpeado ata a morte preto da oficina do Fiscal do Estado rexional (no antigo edificio do Partido Comunista de Lviv). Un policía, que estaba facendo a patrulla, non interveu porque un dos atacantes era fillo do Xefe adxunto da Militsiya (servizo de policía desde a época soviética) de Lviv. Os atacantes, presos nun primeiro momento, foron liberados. Pero finalmente foi emitido un mandato de busca e captura no 22 de maio, cando un dos agresores fuxiu. O 6 de xaneiro de 2001 atopouse ao fuxitivo en Crimea. En decembro de 2000, na memoria de Ihor Bilozir, na cidade de Ivano-Frankivsk, renomeouse a rúa R. Zorge co seu nome. Os seus dous atacantes foron encarcerados por un delito de asasinato por ucrainofobia, dado que eles mesmos, no xuízo, confesaron darlle a malleira por terlle oído falar en ucraíno.
Outros casos
[editar | editar a fonte]- O 17 de abril de 2009, Maksym Chaika, unha estudante de 20 anos da Universidade Nacional de Odesa, foi asasinada en Odesa.[6] Chaika era un membro de Sich, un movemento da mocidade patriótica de Ucraína. Algúns observadores din que Chaika criticara abertamente ás actividades pro-rusas de Markov, ao seu partido (Rodina) e á televisión local (ATB), que simpatizaban con Markov.
- O 25 de maio de 2013, un residente de Kíiv foi golpeado simplemente por falar na lingua ucraína.[7]
Rusia
[editar | editar a fonte]Nunha investigación realizada polo Centro Levada, en xuño de 2009 en Rusia o 75% dos entrevistados rusos respectaba aos ucraínos como grupo étnico, pero o 55% foron negativos sobre o Estado ucraíno. En maio de 2009, un 96% dos ucraínos entrevistados polo Instituto Internacional de Socioloxía de Kíiv foron positivos sobre os rusos como grupo étnico, e o 93% respectaba a Federación Rusa como estado.[8]
Algúns medios de comunicación rusos parecen intentar desacreditar á Ucraína. Medios como Komsomolskaya Pravda parecen intentar fomentar a mala relación entre Ucraína e Rusia. Hai algúns filmes rusos con insultos ucrainofóbicos, pero sen ningunha crítica ao seu goberno. A actitude ucrainofóbica persiste entre algúns políticos rusos, como o exalcalde de Moscova, Yuri Luzhkov, e o líder do Partido Liberal Democrático de Rusia e Vicepresidente do Parlamento ruso, Vladímir Zhirinovski.
Filmes con mensaxe ucrainofóbico
[editar | editar a fonte]- Irmán 2 (Брат 2)
- 72 metros (72 метра)
Canadá
[editar | editar a fonte]A discriminación anti-ucraína era endémica no Canadá desde a chegada dos ucraínos ao Canadá ao redor de 1891 ata o final do século XX. Durante a primeira guerra mundial, uns oito mil ucraínos-canadenses foron internados polo goberno canadense como "estranxeiros inimigos", como procedentes dun territorio integrado no Imperio Austríaco.
Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Segundo o historiador ucraíno-americano, Petro Mirchuk, existía unha forte ucrainofobia entre os membros do pobo xudeu nos Estados Unidos durante a década de 1990, así como entre algúns rusos-estadounidenses. Referiuse a xuízos contra os ucraínos que foron acusados de crimes de guerra contra xudeus polos procuradores da Oficina de Investigacións Especiais, comparándoos coa caza de bruxas.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Andrei Okara (Андрій Окара) (novembro-decembro 1998). "“Українські тумани” та “русское солнце”" ["Néboa ucraína" e "Sol ruso". Ucrainofobia coma un problema gnóstico]. Український Вибір ("Opción ucraína") (en ucraíno) (5-6) (Moscova).
- ↑ James S. Olson (director) (1994). An Ethnohistorical Dictionary of the Russian and Soviet Empires (en inglés). Greenwood Publishing Group. p. 840.
Those who advocate a Ukrainian identity often accuse Rusynism of being a mask for Czechoslovak and Hungarian expansionism or an anti-Ukrainian movement being manipulated by former Communists and Russophiles (p. 140)
- ↑ Shkandrij, Myroslav (2001-10-09). Russia and Ukraine: Literature and the Discourse of Empire from Napoleonic to Postcolonial Times (en inglés). McGill-Queen's Press - MQUP. ISBN 9780773522343.
- ↑ "2012: історія русифікації від провладного телеканалу". Історична правда. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ "П’ять років без Ігоря Білозора - "Поступ", 30 травня". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 27 de xuño de 2013.
- ↑ "Вбивство в Одесі студента Максима Чайки отримало додатковий резонанс". web.archive.org. 2014-07-23. Archived from the original on 23 de xullo de 2014. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ "Київського активіста побили за українську мову". Українська правда (en ucraíno). Consultado o 2019-02-13.
- ↑ Аналитический Центр Юрия Левады (Левада-Центр) / Centro Analítico de Yuri Levada (Centro Levada) (ed.). "Россияне об Украине, украинцы о России" [Rusos sobre Ucraína, ucraínos sobre Rusia]. Arquivado dende o orixinal o 27-06-2009. Consultado o 27-6-2013.
- ↑ "Petro Mirchuk. My meetings and discussions in Israel: The trials of Ukrainians, or the 'Witch-Hunt' in the U.S.". exlibris.org.ua. Consultado o 2019-02-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ucrainofobia |