Saltar ao contido

Ua Pou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ua Pou
Vista aérea
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Descuberta / invención
1791 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.000 (1780)
400 (1885)
2.157 (2007) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   25 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   28 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   105 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Monte Oave Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap6081657 Editar o valor en Wikidata
VIAF246198700 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/056x8f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Ua Pou é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 35 km ao sur de Nuku Hiva e 85 km ao noroeste de Hiva Oa.

A illa ten forma piramidal e no centro destacan uns alicerces basálticos en forma de pan de azucre: Matahenua (1028 m), Pouakei (1023 m) e Oave (1230 m). A superficie total é de 105,3 km². Con 2.173 habitantes no censo do 2012 resulta a illa máis densamente poboada do arquipélago. A vila principal é Hakahau situada ao noroeste da illa co principal porto e próxima ao aeroporto. A poboación é coñecida polas calidades artísticas innatas dos artesáns escultores e tatuadores ademais dos cantantes e bailaríns tradicionais. Bianualmente celébrase o festival de Matava´a que constitúe un centro importante da cultura marquesana.

Ua Pou é a única illa importante que foi unificada baixo un só monarca antes da chegada dos exploradores europeos.

Antes da unificación da illa, segundo informes de 1585, hai evidencias de que as tribos de Ua Pou participaron ás veces nas guerras tribais de Nuku Hiva unidos coas tribos de Te I'i fronte aos Tai Pi. En 1791, o estadounidense Joseph Ingraham, foi o primeiro en anotar a súa posición chamándoa Adams en honra ao por entón vicepresidente John Adams. Dous meses máis tarde desembarcou o francés Etienne Marchand deixando o seu propio nome. Tamén se coñeceu como Trevenen Island. O nome Ua Pou significa «dous alicerces» e reflicte perfectamente a súa orografía. Tamén se escribiu como Ua Pu, Hua Pu e Ropo.