Unitat del Poble Valencià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «UPV»)
Unitat del Poble Valencià
Logo
AcrónimoUPV
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo valenciano
Data de fundación1982
Data de disolución1998
Secretario/aPere Mayor
SedeValencia
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Unitat del Poble Valencià (UPV) foi un partido nacionalista valenciano de esquerdas xurdido en 1982 como unha coalición entre o Partit Nacionalista del País Valencià e o Agrupament d'Esquerra del País Valencià (AEPV) e que se acabou convertendo en 1984 nun partido político.

Nas eleccións autonómicas de 1987 presentouse en coalición con Esquerra Unida del País Valencià, conseguindo dous escanos nas Corts Valencianes, Pere Mayor e Antoni Ferrando. Ó pouco tempo esfarela o pacto e os dous deputados pasan ó grupo mixto. Xa o proceso para chegar a un pacto coa Izquierda Unida local supuxo unha crise interna, que levou ó grupo disidente a formar o Partit Valencià Nacionalista. Cando os deputados nacionalistas pasaron ó grupo mixto, outro sector escindiuse e algúns militantes pasaron a EUPV. Nas eleccións autonómicas de 1991 presentouse en solitario e co 3.7% dos votos non conseguiu escano.

A crise electoral e o cambio no mapa electoral valenciano, agora dominado polo Partido Popular fai que a UPV mude a súa estratexia; en 1995 formou a candidatura UPV-Bloc xunto ó PVN e en 1998 a UPV vai propugnar a creación dun Bloc Nacionalista Valencià que agrupase ó nacionalismo valenciano. Nas eleccións autonómicas de 1999 o Bloc co 4.6% dos votos queda ás portas de entrar nas Corts.