Tálamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do tálamo.

O tálamo[1] é unha estrutura neuronal que se orixina no diencéfalo (división do prosencéfalo no embrión), sendo a estrutura máis voluminosa desta zona. Áchase no centro do cerebro, encima do hipotálamo e separado deste polo suco hipotalámico de Monroe. A súa localización é moi importante posto que se esta sufrise algún dano non poderiamos recibir certos estímulos, por este motivo está no centro do noso encéfalo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tálamo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]