Txus di Fellatio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTxus di Fellatio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jesús María Hernández Gil Editar o valor em Wikidata
21 de xaneiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico de rock , empresario , batería , compositor de cancións , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoFolk metal Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioTxus di Fellatio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor em Wikidata

Spotify: 39ztucKtaGTzzb0ieSfFzv Musicbrainz: a4651477-06b9-4b4a-82c2-27c7bec3a8f8 Discogs: 5288797 Editar o valor em Wikidata

Jesús María Hernández Gil, nado en Bilbao (País Vasco) o 21 de xaneiro de 1970, coñecido como Txus di Fellatio, é un músico, cantante e compositor vasco. Txus é fundador dos grupos de folk metal Mägo de Oz e Bürdel King. No primeiro é batería e no segundo, vocalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De neno quería ser músico e futbolista. Durante a súa infancia asistiu ao Colexio Valdeluz dos Pais Agostiños. Txus dedicou oito anos ao fútbol sala e xogou no Real Madrid como porteiro. Tras ser operado de ambos cóbados, decidiu deixar o fútbol e dedicarse completamente á música. En 1989 formou a banda Transilvania, nome tributo a Iron Maiden, que máis tarde se convertería en Mägo de Oz. Estaba formada inicialmente por Juanma, amigo do barrio, como vocalista, e Txus no posto de batería.

Na primeira formación, coa que se gravaron as primeiras maquetas, estaban Juanma (voz e guitarra rítmica), Pedro (guitarra solista), David (baixo e coros) e Txus (batería e coros). Para a súa terceira maqueta, contra 1992, convidou o seu amigo Carlos Prieto «Mohamed», quen interpretou «El Tango de un Donante» e acabou por unirse á banda. Txus e Mohamed son os únicos membros que permanecen desde os inicios de Mägo de Oz.

Máis alá da música[editar | editar a fonte]

Txus escribiu El cementerio de los versos perdidos, que foi publicado o 23 de outubro de 2006. Trátase dun libro de 52 páxinas, cun CD en que el mesmo recita os seus poemas. Amais, inclúe tres cancións: «Adiós Dulcinea», «Y serás canción» (dedicada a Big Simon, finado en xullo dese ano) e «No me digas adiós», coas colaboracións de Juanmi Rodríguez, do grupo Cuatro Gatos, e de Leo Jiménez. Este libro dedícallo exclusivamente a Big Simon coas palabras: «Na memoria de Simón Echevarría (Big Simon), un alma bela que se converteu en canción». En 2012 publicou o seu libro Si la vida te pisa, desenvaina una sonrisa, unha autobiografía súa e de Mägo de Oz.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Txus, xunto a José Andrëa, colaboraron como cantantes na canción «Mi Jefe» da banda Mojinos Escozíos. Txus tamén canta na canción «Rey del Glam» de Fangoria. Como letrista, colaborou na letra de «La Vida te Espera» de Lándevir. Amais, apareceu no videoclip de «Derrotado», de Savia.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Mägo de Oz[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio
Álbums en directo


Álbums recompilatorios


DVD e VHS
  • Resacosix en Hispania (1999)
  • Finisterra (DVD, 2000)
  • A Costa da Rock )2003)
  • Madrid Las Ventas (2005)
  • Gaia II: la voz dormida (edición especial, 2005)
  • Barakaldo D.F. (2008)
  • Gaia III: Atlantia (edición especial, 2010)
  • Ilussia 3D (curtametraxe, 2015)


Con Bürdel King[editar | editar a fonte]


Con Héroes de Pacotilla[editar | editar a fonte]

  • Héroes de Pacotilla (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]