Tutmosis IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTutmosis IV

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XV a. C. Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIV a. C. Editar o valor em Wikidata
Tebas Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKV43 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Faraón

← Amen-hotep II (pt) TraducirAmenofis III → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de Exipto Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMutemuia (pt) Traducir
Nefertari (en) Traducir
Iaret (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAmenofis III, Tiaa (en) Traducir, Amenemhat (en) Traducir, Tentamun (en) Traducir, Siatum (en) Traducir, Amenemopet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAmen-hotep II (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Tiaa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 7718660 Editar o valor em Wikidata

Menkheperure Tutmosis, coñecido decote como Tutmosis IV, foi o oitavo faraón da 18ª Dinastía de Exipto. Fillo natural do anterior faraón Amenofis II, o seu reinado comezou sobre o ano 1400 a.C. e tivo unha duración duns 10 anos, até o ano 1390 a.C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Amenofis II, pero tiña poucas posibilidades de acadar o trono do seu pai pois había moitos candidatos por diante del, todos eles fillos tamén do rei. Ademais era fillo dunha esposa secundaria, chamada Tiaa. Malia todo, cando Amenofis II morreu, tódolos herdeiros ó trono que ían por diante de Tutmosis na liña sucesora xa morreran, e polo tanto puido ser coroado faraón.

Sala do Templo de Karnak encargada por Tutmosis IV.
Tutmosis IV co deus Anubis.

Durante o seu curto reinado de dez anos xa existiron rivalidades entre o poder do faraón e o poder crecente do clero de Amón. De feito, cando Tutmosis IV acadou o trono de Exipto, non lexitimou o seu reinado pola intercesión de Amón como adoitaba facerse, senón que afirmou que era o deus Ra quen lle asegurara que sería rei coa condición de desenterrar da area a Grande Esfinxe de Gizeh, que levaba séculos abandonada e descoidada.

Momia de Tutmosis IV.

A estratexia de facer do deus Ra un competidor do deus Amón funcionou ben a curto prazo, restándolle poder ós sacerdotes, de xeito que Tutmosis IV puido ter un reinado tranquilo. Como non era fillo da raíña principal, tivo que casar con dúas medio irmás súas, chamadas Iaret e Nefertari, coas que tivo varias fillas. Pero o seu primoxénito e futuro sucesor naceu da súa primeira muller, chamada Mutemuia, cando aínda non era faraón. Este sucesor sería o futuro Amenofis III.

O reinado de Tutmosis IV non estivo cargado de guerras nin se caracterizou pola excesiva construción de monumentos arquitectónicos. Colleu o trono dun reino esplendoroso e prestixioso, e cando morreu deixouno igual tras 10 anos case sen conflitos.

Morreu sendo xove, e foi enterrado no Val dos Reis, dentro da tumba coñecida como KV43, na que hoxe poden verse unhas pinturas moi ben conservadas. A momia de Tutmosis IV foi atopada en 1898 polo exiptólogo francés Victor Loret dentro da tumba do seu pai Amenofis II, tamén nun moi bo estado de conservación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]