Tumas Miram
Nome orixinal | (ar) توماس ميرم |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de agosto de 1943 (81 anos) Tel Keppe, Iraq (en) |
Arcebispo católico | |
11 de marzo de 1984 – 6 de xaneiro de 2024 ← Xamuil Xauris | |
Bispo diocesano | |
30 de novembro de 1983 – 6 de xaneiro de 2024 ← Xamuil Xauris | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1984–), sacerdote católico (1967–), Arcebispo |
Consagración | Youhannan Semaan Issayi (en) |
Tumas Miram (en árabe: توماس ميرم; en persa: توماس میرام), nado o 6 de agosto de 1943 en Tal Kaif (Reino de Iraq), é un eclesiástico católico caldeo, dende 1983 arcebispo de Urmia e bispo de Salmas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 6 de agosto de 1943 en Tal Kaif, no Reino de Iraq, e parte da arquieparquía de Mosul dos caldeos.[1] O 11 de xuño de 1967 foi ordenado sacerdote,[1] e exerceu o seu ministerio inicialmente entre os asirios de Teherán.[2]
Foi elixido arcebispo de Urmia e bispo de Salmas polo sínodo da Igrexa caldea o 30 de novembro de 1983.[1] Recibiu a ordenación episcopal o 11 de marzo de 1984,[1] de mans do arcebispo de Teherán Yuhana Siman Isai, e tivo como co-ordenantes ao arcebispo de Ahvaz Hana Sura e ao pro-nuncio apostólico para Irán Giovanni De Andrea.[3]
As relacións do arcebispo co réxime iraniano teñen variado ao longo dos anos. En 1993 foi expulsado do país, xunto co bispo Hana Sura.[4] Por outra parte, en 2008 afirmaba poder practicar a fe cristiá sen problemas, e desfrutaba dunha boa relación coas autoridades;[2] ademais, na homilía do Nadal de 2014, deplorou os conflitos relixiosos nos países da rexión, facendo unha comparación coa "paz que as minorías relixiosas desfrutaban en Irán".[5]
Participou no Primeiro Sínodo da Familia en outubro de 2014.[6] En 2018 alcanzou a súa idade de xubilación (75 anos), permanecendo no cargo en espera do nomeamento dun sucesor.[7] En agosto de 2021 foi nomeado administrador patriarcal da arquidiocese de Teherán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario pontificio per l'anno 2007. Libreria Editrice Vaticana. 2007. p. 783. ISBN 9788820979089.
THOMAS Meram, n. in Telkaif, arciep. di Mossul dei Caldei, 6 ag. 1943; ord. 11 giu. 1967; el. 30 nov. 1983; cons. 11 mar. 1984
- ↑ 2,0 2,1 Balestra, Bianca Maria (2 de xuño 2008). "Cristiani a Urmia, nel Nord dell'Iran: presenza scomoda". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2020. Consultado o 03 de decembro de 2020.
Quando era sacerdote a Teheran, nel 1977, mons. Meram [...] «Qui possiamo praticare la nostra fede senza problemi - continua mons. Meram -. Quattro anni fa ho ricostruito la chiesa e un rappresentante del governo è venuto alla consacrazione; adesso stiamo costruendo una nuova sede arcivescovile».
- ↑ "About Us". Assyro-Chaldean Catholic Archdiocese of Urmia-Salmas (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31/12/2014. Consultado o 3/12/2020.
Mar Thomas Meram [...] Principal Consecrator: Archbishop Youhannan Semaan Issayi. Principal Co-Consecrators: Archbishop Hanna Zora and Archbishop Giovanni De Andrea.
- ↑ "Depuis 1979, l’Eglise catholique a perdu 85% de son clergé". Agence de presse internationale catholique (www.cath.ch). 12 de decembro de 1993. Consultado o 3/12/2020.
Iran est à l’ordre du jour depuis l’expulsion de l’archevêque du diocèse d’Urmya, Mgr Thomas Meram. Déjà Mgr Hanna Zora, évêque d’Ahwaz, avait subi récemment le même sort.
- ↑ "Chaldean archbishop says religious minorities enjoy peace in Iran". Islamic Republic News Agency. 25 de decembro de 2014. Consultado o 3/12/2020.
- ↑ "Third Extraordinary General Assembly of the Synod of Bishops (5-19 October 2014): List of Participants". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (B0620). 9 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2014.
IRAN. Archbishop Thomas MERAM of Urmyā, Urmia, Rezayeh of the Chaldeans, deputy president of the Episcopal Conference
- ↑ "Chiese Orientali: in Iran i fedeli caldei ancora senza vescovi. Card. Sako (patriarca), “nuove nomine nel prossimo sinodo”". Agenzia S.I.R. 2 de xullo de 2020.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xamuil Xauris |
Arcebispo de Urmia dende 1983 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Xamuil Xauris |
Bispo de Salmas dende 1983 |
Sucesor: (no cargo) |