Saltar ao contido

Trombose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tromboembolia»)

Trombose é a formación dun trombo no interior do corazón ou dun vaso sanguíneo nun individuo vivo. Tromboembolia sería o termo usado para describir tanto a trombose canto súa complicación que sería o embolismo. Xa os coágulos sanguíneos ocorren, nun individuo vivo, fóra do sistema cardiovascular ou, nun individuo morto dentro dos vasos e no corazón.

Ás veces pode ocorrer nunha vea situada na superficie do corpo, logo abaixo da pel. Nese caso é chamada de tromboflebite superficial ou simplemente tromboflebite ou flebite.

Diagrama dun trombo formado na corrente sanguínea.

Xeralmente, a trombose é causada debido a unha anomalía nun ou máis itens da Tríade de Virchow abaixo relacionados:

  1. Composición do sangue (hipercoagulabilidade).
  2. Calidade das paredes venosas.
  3. Natureza do fluxo sanguíneo (hemodinámica).

Alén desas causas o choque térmico pode levar a un tipo de trombose que pode ser revertido.

A formación do trombo é xeralmente causada por un dano nas paredes do vaso, ou aínda por un trauma ou infección, e tamén pola lentitude do fluxo sanguíneo, ocasionado por algunha anomalía na coagulación do sangue. Trala coagulación intravascular, fórmanse unha masa deforme de hemacias, leucocitos e fibrina.