Trocar
Un trocar[1] é un dispositivo médico ou veterinario que consta dun punzón (que pode ser unha punta metálica ou afiada con ou sen láminas de plástico), unha cánula (esencialmente un tubo oco) e un selo. [2] [3] Os trócares colócanse a través do abdome durante a cirurxía laparoscópica. O trocar funciona como portal para a posterior colocación doutros instrumentos como pinzas, tesoiras, grampadoras, etc. Os trocares tamén permiten que o gas ou o fluído escape dos órganos do corpo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra trocar provén do francés trocart, derivado de trois-quarts (tres cuartos), de trois 'tres' e carre 'lado, face ou cara dun instrumento',[4] [5] rexistrado por primeira vez no Dictionnaire des Arts et des Sciences, 1694,[6] por Thomas Corneille, irmán menor de Pierneille (Pierre Corneille).
Variacións do termo
[editar | editar a fonte]No dicionario da RAG non aparece "trocar" nesa acepción, pero si no bUSCatermos e no dicionario galego de termos médicos, con esa forma.[7] En galego reintegracionista e en lingua portuguesa os termos maioritarios son trocar e trocarte, en plural trocares ou trocartes, que ás veces por metátese derivou en trocater ou trocáter.[8] [9]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, os médicos usaban trocares para aliviar o aumento da presión dos fluídos (edema) ou dos gases (inchazo). As patentes dos trocares xurdiron a principios do século XIX, aínda que o seu uso posibelmente datase de miles de anos atrás. A mediados do século XIX, as cánulas de trocar tornáronse máis sofisticadas, como a invención do tubo Southey por Reginald Southey.[10]
Tipos
[editar | editar a fonte]- Trocar de Curschman ou de Southey - Trocar empregado para a punción do edema subcutáneo
- Trocar de Duchenne - Trocar que se utiliza para tomar mostras de tecido de partes profundas
- Trocar de Durham - Trocar que se emprega para realizar unha traqueotomía rápida
- Trocar explorador - Trocar moi fino que se usa para puncións exploratorias
- Trocar rectal - Trocar de perfil curvo co que se punciona a vexiga a través do recto [7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-06-12.
- ↑ Equipment and instrumentation for Laparoscopic bariatric surgery in Cleveland Clinic
- ↑ Alph Degive, Précis de médicine opératoire vétérinaire, Asselin & Houzeau, 1908, p. 139
- ↑ "trocar". Arquivado dende o orixinal o 6 de dezembro de 2018. Consultado o 6 de dezembro de 2018.
- ↑ Kucklick, Theodore R. (2013). The Medical Device R&D Handbook. Boca Raton, FL. p. 109. ISBN 9781439811894.
- ↑ "Dictionnaire des Arts et des Sciences - Wikisource".
- ↑ 7,0 7,1 Diccionario galego de termos médicos (PDF). Dirección Xeral de Política Lingüística. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2023.
- ↑ "Significado de trocarte no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-06-12.
- ↑ Oliveira, Marco. "Trocar, trocater ou trocarte?" (PDF). ISSN 1983-991X. Consultado o 23-6-2021.
- ↑ "Boston Medical Library". 20 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trocar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Janet Amundson Romich. An illustrated guide to veterinary medical terminology, Volume 1
- Mayer, Robert (2006). Embalming: History, Theory, and Practice. ISBN 0-07-143950-1.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |