Saltar ao contido

Tribunal Supremo de Wyoming

 Tribunal Supremo de Wyoming
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bdkhc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Tribunal Supremo de Wyoming (en inglés, Wyoming Supreme Court) é a máis alta instancia xudicial do estado de Wyoming, nos Estados Unidos. A súa sede está en Cheyenne e está integrado por cinco maxistrados cuxas sentenzas só poden ser apeladas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Competencias e composición

[editar | editar a fonte]

As súas competencias veñen definidas polo artigo cinco da Constitución do estado. Este fai ao Tribunal resposable en dirimir as apelacións en materia civil e penal e convírteo no supervisor de todos os xulgados de Wyoming.[1] A diferenza do que adoita acontecer no resto de estados, en Wyoming non existen instancias intermedias entre os xulgados de distrito e o Supremo, correspóndendolle a este último a revisión dos casos apelados.[2][3]

Os maxistrados que compoñen o Tribunal Supremo son cinco, sendo un deles o presidente (chief justice), e teñen mandatos de oito anos. Ata 1972 eran escollidos por sufraxio, mais nese ano trocou o sistema de escolla. Procurando mellorar a independencia xudicial, en 1971, Wyoming adoptou por referendo o sistema chamado "Plan Missouri" que establece un comité para a selección de xuíces e que propón ao gobernador os candidatos ás vacantes do Supremo.[4] Un ano despois da designación, os cidadáns son consultados nas eleccións por se o xuíz debe continuar ou non (retention election).

  1. Keiter, Robert B. "Part Two The Wyoming Constitution and Commentary, Art.V Judicial Department". Oxford Constitutions (en inglés). doi:10.1093/law/9780199917563.001.0001/law-9780199917563-chapter-8. Consultado o 2023-09-02.
  2. "How Does The Wyoming Supreme Court Work?". wyomingcourtrecords.us. Consultado o 2023-09-02.
  3. Taylor, Suzi. "Subject Guides & Tutorials: Wyoming Court Records: Supreme Court". gowyld.libguides.com (en inglés). Consultado o 2023-09-02.
  4. Kite, Marilyn S. (2007). "WYOMING’S JUDICIAL SELECTION PROCESS: IS IT GETTING THE JOB DONE?". Fordham Urban Law Journal 34 (1): 203–237.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]