Trenton, Nova Jersey
| Trenton (en) | |||||
| Epónimo | William Trent | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Nova Jersey | ||||
| Condado | Condado de Mercer (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 90.871 (2020) | ||||
| Número de fogares | 28.581 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Trenton-Princeton, NJ Metropolitan Statistical Area (en) | ||||
| Superficie | 21,249168 km² | ||||
| Auga | 6,2145 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Bañado por | río Delaware e Assunpink Creek (en) | ||||
| Altitude | 16 m | ||||
| Comparte fronteira con | Ewing (pt) Morrisville (pt) Falls Township (en) Lawrence Township (en) Hamilton Township (en) Lower Makefield Township (en) | ||||
| Creación | 1719 | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Trenton, New Jersey (en) | Reed Gusciora (2018–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08601, 08602, 08603, 08604, 08605, 08606, 08607, 08608, 08609, 08610, 08611, 08618, 08619, 08620, 08625, 08628, 08629, 08638, 08645, 08646, 08647, 08650, 08666, 08690 e 08695 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 609 | ||||
| Sitio web | trentonnj.org | ||||
Trenton é a capital do estado de Nova Jersey nos Estados Unidos de América e ten unha poboación de 85.000 habitantes. A cidade é tamén a sede do goberno local do Condado de Mercer.
En 1679, un grupo de colonos ingleses baixo a dirección de Mahlon Stacy formou unha colonia ao longo do río Delaware na colonia británica moza de Nova Jersey. O pobo adquiriu o nome de "Trent-towne" ou "Trenton" en 1719 para honrar a un dos seus líderes locais prominentes, William Trent.
O 26 de decembro de 1776, durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, Trenton foi o lugar no que se desenvolveu a Batalla de Trenton, unha das batallas máis importantes da guerra onde George Washington gañou unha vitoria decisiva. Logo da guerra, Trenton foi brevemente a capital nacional dos Estados Unidos durante dous meses en 1784. A cidade foi nomeada a capital estatal de Nova Jersey en 1790.
Durante o século XIX, a cidade creceu como centro de industria, comercio, e cultura. O primeiro partido profesional de baloncesto xogouse alí en 1896. Por desdicha, desde 1950 a cidade rexistrou un declive gradual de produtividade e importancia e un aumento da criminalidade e doutros problemas. Con todo, as zonas residenciais que rodean a cidade son actualmente algunhas das comunidades máis ricas da nación.
