Beiralúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Beiralúa
Álbum de SonDeSeu
Publicado2018
Estudio(s)Auditorio Milladoiro da ETRAD / Anxest / Disquesí Estudios
Xénero(s)Música galega e folk
Cronoloxía
Danzas Brancas (2013) Beiralúa

Beiralúa é o quinto álbum de estudio da orquestra folk galega SonDeSeu.[1] Componse de dezasete temas máis un bonus track, e foi publicado en maio de 2018.[2][3]

Tamén contou coa participación de varios músicos convidados: Susana Seivane, Rosa Cedrón, Toño Domínguez, Treixadura e o Cuarteto de Vento Metal Ribeira de Piquín.[4] Este álbum conta coa particularidade de recoller unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, titulada "San Martiño".[4] Esta suite foi composta para o espectáculo "O Canto das Illas" e consta de 10 motivos (dende a pista 8 até a 17) inspirados na fauna e contorna da illa de San Martiño, a máis meridional das tres que conforman o arquipélago de Cíes.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Beiralúa
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Ciclotimias"  Quico Comesaña 4:37
2. "Aí vén o maio"  Manuel Curros Enríquez 3:29
3. "Maneo de Malpica"  Tradicional 4:45
4. "Rumba de Ribeira de Piquín"  Tradicional 4:52
5. "Danza da lúa espida"  Rodrigo Romaní 6:22
6. "Campanas de Bastabales"  Rosalía de Castro 5:01
7. "Aires de Berducido"  Tradicional 3:36
8. "San Martiño a vista de paxaro"  Anxo Pintos 1:27
9. "Mar de fondo na enseada de Concela"  Anxo Pintos 1:57
10. "Alalá do horizonte calmo no Cabo dos Bicos"  Anxo Pintos 1:20
11. "Mar fractal. Ardora azul"  Anxo Pintos 2:06
12. "Na codia profunda da Enseada de Fornos"  Anxo Pintos 1:54
13. "Balbordo de aniñar. Un mar de aves coidando niños na Illa Boeiro"  Anxo Pintos 1:47
14. "Un minuto de ruilenzo"  Anxo Pintos 1:20
15. "De Gademotta (Etiopía) a San Martiño"  Anxo Pintos 2:03
16. "Verán"  Anxo Pintos 1:33
17. "Muiñeira da Punta Cabaliño"  Anxo Pintos 3:03
18. "Bando do alcalde (Bonus track)"  Manuel María 3:06

Notas[editar | editar a fonte]

  1. sondeseu.org (ed.). "Beiralúa". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  2. "A orquestra SondeSeu presenta o seu novo disco, 'Beiralúa'". crtvg.es. 13 de maio de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  3. Selina, Otero (16 de maio de 2018). "SondeSeu lanza o seu quinto disco: 'Beiralúa'". Faro de Vigo. Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Presentación do novo disco da orquestra folk SondeSeu o 19 de maio en Cangas". xornaldevigo.gal. 11 de maio de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]