Unha noite no muíño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha noite no muíño
Álbum de Treixadura
Publicado1999
Gravación1998
Estudio(s)Areamáster, Vigo Galicia Galicia
Xénero(s)Música galega
Selo(s)Edicións do Cumio
Cronoloxía
Obrigado
(1996)
Unha noite no muíño Unha noite non é nada
(2003)

Unha noite no muíño é o segundo álbum musical do grupo Treixadura. Neste traballo, Treixadura introduce o acordeón como novidade instrumental e dous temas de autor: "Ó pasar por Coruxo" de Enrique Otero Covelo e "Muiñeira do Seixo" de Paulo Nogueira, sendo está última a primeira composición propia que achega o grupo ó seu repertorio. O resto dos temas pertencen á música tradicional do país.

Intérpretes[editar | editar a fonte]

  • Xan López: Gaita, bombo, voz e coros.
  • Antón López: Gaita, tamboril, pandeireta, cunchas, voz e coros.
  • Xaquín Xesteira: Gaita, tamboril, pandeireta, pandeiro, cunchas e coros.
  • César Longa: Acordeón, bombo e coros.
  • Paulo Nogueira: Gaita e bombo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "O Melro"
  2. "Ó pasar por Coruxo"
  3. "Xota de Xosé"
  4. "Vinde rapazas (I)/Vinde rapazas (II)"
  5. "Valses da Arousa (I)/Valses da Arousa (II)"
  6. "Esta noite (Alalá de Meira)"
  7. "Marchas Procesionais (I)/Marchas Procesionais (II)"
  8. "San Fins do Castro"
  9. "Pasodoble de San Roque"
  10. "Terra de Montes"
  11. "Muiñeira do Seixo"
  12. "Polca dos Matos"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]