Treinta y Tres, Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 33°13′51″S 54°22′56″O / -33.230833333333, -54.382222222222

Treinta y Tres, Uruguai
Parque del Río Olimar.jpg
Parque do río
Localización
PaísUruguai Uruguai
DepartamentoDepartamento de Treinta y Tres
Xeografía
Altitude63 msnm
Demografía
Poboación25.477 hab. (2011)
XentilicioOlimareño(a)
Treintatesino(a)
Outros datos
Código postal33000

Treinta y Tres é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo, situada sobre a marxe esquerda do Río Olimar e localizada na zona leste do territorio. Antigamente neste lugar podíase vadear o río e era a ruta desde Montevideo a Río Branco.

Poboación[editar | editar a fonte]

Xeografía[editar | editar a fonte]

  • Altitude: 63 metros.
  • Latitude: 33º 13' 59" S
  • Lonxitude: 54º 22' 59" O

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía baseouse de vello na gandería e os seus produtos derivados. Na actualidade tamén se cultiva arroz nas ribeiras da Lagoa Merín, na zona do leste. Esta actividade deu un grande impulso á economía da rexión, fomentando a industria de produtos precociñados e a instalación de muíños arroceiros.

Historia[editar | editar a fonte]

Debe o seu nome ao Desembarco dos Trinta e tres orientais, campaña que trinta e tres orientais, liderados por Juan Antonio Lavalleja, emprenderon en 1825 desde o que hoxe é Arxentina para recuperar a independencia da Provincia Oriental, nese momento baixo dominio portugués.

Finalizada a Guerra Grande os veciños da campaña comezaron a asociarse e legalizar estes poboados que se levantaban. É así que no Paso Real do Olimar, onde conflúen o Río Olimar co rego Yerbal Grande érguese a vila dos Treinta y Tres en 1853 , baixo a presidencia de Juan Francisco Giró.

Seis anos despois, en 1859, inaugurase a primeira escola para nenos e o seu primeiro mestre foi Anselmo Basaldúa. Tres anos máis tarde, en 1862, comeza a funcionar a primeira escola para nenas.

A primeira viaxe que une a Treinta y Tres con Montevideo se realiza en 1861 por un servizo de dilixencias, que se transformará en permanente en 1866, unindo tamén a cidade con Río Branco, Melo e Nico Pérez.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]