Saltar ao contido

Melo, Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMelo, Uruguai
Imaxe

Localización
Mapa
 32°22′S 54°11′O / -32.37, -54.18
EstadoUruguai
Departamento (pt) TraducirDepartamento de Cerro Largo Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación51.830 (2011) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude80 m Editar o valor en Wikidata
Creación27 de xuño de 1795 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Melo é unha cidade do Uruguai, capital do departamento de Cerro Largo. Está situada no centro do departamento, a 60 km da fronteira co Brasil, sobre as marxes do Arroio Conventos, ramificación do río Tacuarí.

Antes da fundación da Guardia de Melo, os territorios eran poboados por tribos indíxenas orixinarias, sendo a máis importante a dos chamados arachanes. Estes ocupaban as terras do nordeste e leste, desde a Cuchilla de Haedo até a Laguna Merín.

O 27 de xuño de 1795, o Vicerrei do Río da Prata, Don Pedro de Melo de Portugal y Villena, solicita a fundación dunha poboación nas beiras do río Tacuarí. O funcionario da coroa española, Don Agustín de la Rosa, interpretando a hidrografía local, establece a vila a orillas do arroio dos Conventos. Dous anos máis tarde, en 1797, instálase a primeira parroquia de Nosa Señora do Pilar e San Rafael, hoxe catedral, sede do Bispado de Melo e Treinta y Tres.

Dada a súa proximidade coas fronteiras das colonias portuguesas no Brasil, a "Villa de Melo" —como se chamou orixinalmente— foi invadida polos portugueses en 1801, en 1811 e en 1816. Nese período, a vila é tomada polos portugueses, sendo en 1811, cando o xeneral portugués Diego de Souza, Gobernador de Río Grande, dispón a toma e ocupación da Vila que pasa a depender do goberno de Portugal. O 2 de abril de 1816 créase o departamento de Cerro Largo, como xurisdición política e territorial, sendo en 1824, cando a poboación da Vila de Melo, acepta e respecta a Constitución Imperial de Portugal, o Brasil e Algarve.

O 20 de novembro de 1827, ingresa en Cerro Largo o exército nacional das Provincias Unidas do Río da Prata, ao mando do Xeneral Juan Antonio Lavalleja, desaloxando aos brasileiros da Vila. Finalmente, coa independencia definitiva do Estado uruguaio, Melo foi oficialmente declarada capital do departamento.

O 25 de xullo de 1830, a poboación da "Vila de Melo" xura solemnemente a súa adhesión á Constitución Nacional da nova República Oriental do Uruguai. Os últimos anos do século XIX favorecen o seu desenvolvemento. Ao cumprirse o centenario da súa fundación, en 1895, outórgaselle o rango de cidade, asumindo o rol de Capital do departamento ou Xurisdición Política de Cerro Largo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.