Trecén
| Τροιζήνα (el) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Grecia | ||||
| Axencia gobernamental | administración descentralizada de Ática | ||||
| Periferias | Periferia de Ática | ||||
| Unidades periféricas | unidade periférica das Illas | ||||
| Concello | Troizinia-Methana Municipality (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 446 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 40,597 km² | ||||
| Altitude | 64 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 180 20 | ||||
| Prefixo telefónico | 2298 | ||||
| Sitio web | web.archive.org… | ||||
Trecén (ou Trizina) é unha vila situada ó oeste do Peloponeso, ó norte do golfo Argólico. Actualmente pertence ó concello de Trizinia-Metana.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Antigüidade, Trecén era unha cidade da Argólida e aparece citada en numerosos eventos da mitoloxía grega. Así, está consideraba como a cidade natal do heroe Teseo.
O lugar foi cambiando de nome ó longo dos tempos: Orea, porque o primeiro rei se chamaba Oros; ou Altepia, derivado do rei Altepo, fillo de Poseidón e de Leida (filla de Oros).
Poseidón e Atenea competiron pola titularidade da cidade, pero Zeus impúxolles ser titulares conxuntamente do territorio. Así, nas moedas antigas da cidade aparece un tridente xunto á cabeza de Atenea.

Pélope e Hipodamía tiveron dous fillos, Piteo e Trecén, que se repartiron o reino con Aetio, fillo dun antigo rei que fundara novas cidades, pero pronto eliminaron a antiga dinastía reinando en cadansúa cidade. Cando morreu Trecén, Piteo uniunas nunha soa cidade de nome Trecén en honor ó seu irmán.
Piteo tivo unha filla, Etra, coa que xaceu Exeo, rei de Atenas, e tiveron un fillo, Teseo. Pero cóntase que a mesma noite en que se uniron Etra e Exeo, ela foi, inspirada por Atenea, a ofrecer un sacrificio na illa veciña, e alí foi violada por Poseidón, acto polo que procreou a Teseo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trecén |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
