Transplante de medula ósea
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O transplante de precursores hematopoéticos coñecido xenericamente como transplante de medula ósea, é un procedemento mediante o cal se destrúe a medula ósea danada dun paciente e é substituída por precursores hematopoéticos novos e sans.
Procedemento e funcionamento[editar | editar a fonte]
O transplante de medula ósea é un procedemento médico propio do campo da hematoloxía e adoita realizarse en pacientes con cancro de sangue ou medula ósea (xa sexa mieloma múltiple ou leucemia), para eliminar as células enfermas ou defectuosas e introducir células nai que produzan glóbulos e plaquetas sans. As células nai hematopoéticas multipotentes usualmente derivan da medula ósea, sangue periférico, ou sangue do cordón umbilical. Ó seren trasplantadas, repoboan a medula ósea e anovan a produción de glóbulos e plaquetas.
O transplante pode levarse a cabo empregando a medula do mesmo paciente receptor (transplante autólogo), ou doutra persoa (transplante aloxénico).[1][2][3]
Indicacións[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Doenzas tratadas con transplante de precursores hematopoéticos.
Este tratamento úsase en pacientes con trastornos hematolóxicos, inmunitarios, ou neoplásicos, como leucemias, linfomas e inmunodeficiencias. En moitos casos, antes de levar a cabo o transplante é necesario destruír a medula ósea do receptor por medio de quimioterapia e/ou radioterapia.[4]
Riscos[editar | editar a fonte]
Este procedemento implica riscos de infección, toxicidade pulmonar e neurolóxica, e a condición autoinmune chamada doenza enxerto-contra-hóspede ou doenza enxerto contra receptor, coñecida ás veces polas siglas en inglés GvHD (Graft versus Host Disease).[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ por MedlinePlus. "Trasplante de médula ósea".
- ↑ Trasplante de médula ósea: una apuesta tan arriesgada como milagrosa, Soitu, 22/02/2009
- ↑ Alteraciones metabólicas y nutricionales en pacientes con trasplante de médula ósea, Metabolismo, nutrición y shock, Patiño Restrepo, J.F., 4.ªed. edi. panamericana, 2006, Colombia
- ↑ Fred Rosen (1999). "Case 47: Graft-versus-host disease". Case Studies in Immunology (en inglés) (5ta ed.). Garland.
- ↑ Williamson, Lorna M. (1998-09-01). "Transfusion associated graft versus host disease and its prevention". Heart (en inglés) 80 (3): 211–212. ISSN 1355-6037. PMID 9875072. doi:10.1136/hrt.80.3.211.
----
![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |