Transparencia Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Transparencia Internacional (TI) é unha organización internacional dedicada a combater a corrupción política, tendo como ferramenta principal a divulgación de información. Foi fundada en 1993 e ten a súa sede en Berlín, Alemaña.

TI está organizada como unha agrupación de máis de 80 capítulos nacionais cun secretariado central. Fundada orixinalmente como unha organización sen fins de lucro alemá, actualmente TI é unha Organización non gobernamental e a súa estrutura organizativa está en proceso de democratizarse completamente.

Na América Latina e no Caribe formouse unha rede de asociacións afiliadas en catorce países, baixo as figuras de capítulos nacionais, capítulos nacionais en formación ou contactos nacionais.

Cuéstionase o valor dos seus informes sobre a corrupción posto que se basean en enquisas que miden a valoración subxectiva dos enquisados sobre o grao de corrupción dos países estudados e non en información obxectiva.

Outro problema é que o que se define ou percibe legalmente como corrupción varía dunha xurisdición a outra: unha contribución legal a un partido político pode ser ilegal noutro. Igualmente, o que nun país acéptase como unha propina noutro pode considerarse como un suborno.

Os principios fundamentais desta ONG son:

  • Non investigar casos particulares
  • Manterse independente da política partidaria
  • Traballar en colaboración coa maior variedade de sectores posible.

Desde 2003, o presidente do Consello de Administración é Peter Eigen.

España[editar | editar a fonte]

En España a organización comezou a traballar noano 2000. Na actualidade o seu presidente é Jesús Lizcano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]