Transcendencia (filosofía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Transcendencia (do latim transcēndo, is, di, sum, ĕre: 'pasar subindo, atravesar, superar, traspor') é un termo que, en filosofía, pode conducir a tres significados distintos - aínda que relacionados - , todos eles orixinarios da raíz latina que significa 'ascender' ou 'indo alén', sendo un significado oriúndo da filosofía antiga; outro, da filosofía medieval, e o último, ligado á filosofía moderna.

Enfoque medieval[editar | editar a fonte]

O segundo significado, que vén da filosofía medieval, defende que transcendental se encaixa nas categorías de Aristóteles que foron usadas para organizar conceptualmente o concepto de realidade. Os exemplos básicos de transcendental están presentes (insignia) nas características designadas transcendentais de unidade, verdade, e bondade.

"Transcendencia" na filosofía moderna[editar | editar a fonte]

Na filosofía moderna e actual, Kant deu, a transcendental, un novo significado na súa teoría do coñecemento, preocupado coas posibilidades condicionais do propio coñecemento. Para el, "transcendental" significa coñecemento sobre a nosa facultade cognitiva con respecto a como os obxectos son posíbeis a priori. Isto é, algo é transcendental se ten un papel no modo como a mente "constitúe" os obxectos e fai posíbel, a nós, probalos como obxectos en primeiro lugar. Normalmente, coñecemento é o saber sobre un obxecto; coñecemento transcendental é o saber sobre como é posíbel, para nós, probarmos estes obxectos como obxectos. Isto baséase no concepto de Kant sobre o argumento de David Hume de que certas características do obxecto (tales como a persistencia, relacións causais) non poden derivar da impresión que temos deles. Kant argumenta que a mente debe contribuír para estas características e tornar posíbel, para nós, probarmos os obxectos como obxectos. Na parte central da súa Crítica da Razón Pura, a "Dedución Transcendental das Categorías", Kant argumenta que hai unha profunda interconexión entre a habilidade de estar autoconsciente e a habilidade de probar o mundo de obxectos. Aínda que, no proceso de síntese, a mente xestiona ambos: a estrutura dos obxectos e a súa propia unidade. Para Kant, a "transcendencia", oponse ao "transcendental", é o que xace alén da nosa capacidade de coñecemento lexitimamente coñecido. A contraargumentación de Hegel a Kant foi que, para coñecer a fronteira e estar consciente de que ela é a fronteira, nós xa a transcendemos.

En fenomenoloxía, o "transcendente" é aquilo que transcende a nosa propia consciencia - aquilo que é obxectivo, máis do que só fenómeno da consciencia.[1]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]