Palmeira de abano
Palmeira de abano | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Palmeira de abano semicultivada | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Trachycarpus fortunei' (Hook.) H.Wendl. |
A palmeira de abano[1] (Trachycarpus fortunei) é unha especie da familia das Arecaceae (palmeiras) orixinaria da China central e oriental, mais con fins ornamentais en todas as zonas temperadas, cunha alta presenza nos países mediterráneos, pola súa boa resistencia ao frío e ás altas temperaturas. É común atopala en xardíns costeiros de Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]O toro acada até 12 m de altura, e fica recuberto (total ou só a parte superior) polas vaíñas das follas caídas, o que lle dá un aspecto "peludo"). As follas son palmadas, cun limbo duns 50 cm de longo por 75 de largo, con pecíolos coas marxes serradas e un pouco máis longos ca o limbo.[2]
Distínguese de xeito doado da palmeira anana (Chamaerops humilis), que é unha palmeira mediterránea, tamén pequena e plantada a miúdo nos xardíns, en que a palmeira anana ten o pecíolo máis longo (até o triplo do limbo) e espiñento.[2] Ademais, non acada tanta altura como a palmeira de abano senón que como moito fica nuns cinco metros.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Trachycarpus fortunei foi descrita primeiro por William Jackson Hooker coma Chamaerops fortunei e despois atribuída ao xénero Trachycarpus por Hermann Wendland e publicada en Bulletin de la Société Botanique de France, 8, p. 429 en 1861.[3]
Trachycarpus: nome xenérico que deriva das verbas gregas: trachus = "áspero" e karpos = "froita", en referencia á froita de forma irregular.[4]
fortunei: epíteto outorgado en honra de Robert Fortune, botanista que introduciu a planta do té na India.
- Chamaerops fortunei Hook., Bot. Mag. 86: t. 5221 (1860).
- Trachycarpus caespitosus Becc., Bull. Soc. Tosc. Ortic., III, 20: 164 (1915).
- Trachycarpus wagnerianus Becc., Webbia 5: 70 (1921).[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ 2,0 2,1 "Palmeira de abano". Universidade das Illas Baleares: Fotografías detalladas e información da especie. Consultado o 13 de setembro de 2010.
- ↑ "Palmeira de abano". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de agosto de 2013.
- ↑ ( J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, WJ Baker, M. Harley y C. Lewis 2008. )
- ↑ "Palmeira de abano". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 13 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palmeira de abano |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palmeira de abano |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beccari, Odoardo: 1905 "Le Palme del Genere Trachycarpus", Webbia; I
- Beccari, Odoardo: 1920 "Recens Palme Vecchio Mondo", Webbia; V
- Beccari, Odoardo: 1931 "Asiatic Palms, Corypheae", Annals of the Royal Bot. Gard. Calcutta; 13
- Martius, Carl Friedrich Philipp von: 1850 Historia Naturalis Palmarum, Band 3
- Stührk, Chris: 2006 "Molekularsystematische Studien in der Subtribus Thrinacinae, mit besonderer Berücksichtigung der Gattung Trachycarpus H. Wendl". (Arecaceae)