Traballo reprodutivo

O traballo reprodutivo ou traballo da reprodución refírese tanto ao traballo necesario para a reprodución humana realizada pola muller ao longo da historia (embarazo, parto ou lactación) como ao conxunto de atencións e coidados necesarios para o sustento da vida e a supervivencia humana: alimentación, coidados físicos e sanitarios, educación, relacións sociais, apoio afectivo e psicolóxico ou mantemento dos espazos e bens domésticos.[3][4][5][6]
Denomínase traballo reprodutivo para diferenciar do traballo produtivo dirixido a xerar bens e servizos. Fronte ao traballo produtivo, asalariado e recoñecido socialmente nas sociedades industrializadas, o traballo da reprodución non se recoñece nin económica nin socialmente.[7][8] As mudanzas sociais no ámbito produtivo e reprodutivo obrigan a repensar a tradicional e desigual distribución de cargas entre mulleres e homes ben como o recoñecemento social e económico do traballo reprodutivo (salario para o traballo doméstico).[9] Porén, o tempo dedicado ao traballo reproductivo representa unha parte inmensa e crecente nos países do capitalismo avanzado.[10]
Amaia Pérez Orozco acuñou o concepto de “traballador champiñon” para explicar como a cultura capitalista invisibiliza o traballo reprodutivo[11].
“a única poboación relevante é o empresariado e aquela parte das familias que vai ao mercado laboral. O resto é unha carga, socialmente desexable, pero economicamente custosa. A forma de entender ás persoas traballadoras é a que, desde as análises centradas nos coidados, denominamos o traballador champiñón: aquel que só importa na medida en que se incorpora ao proceso produtivo. Non importa onde estaba antes de chegar á empresa nin onde vai cando se marcha. Presuponse que co seu salario resólveo todo xa que non ten desesidades máis aló daquelas que cobre co consumo mercantil. Tampouco ten responsabilidades sobre o ben-estar alleo que sexan recoñecidas como algo que interfira ou condicione a súa inserción laboral. Con todo, ese traballador champiñón non é tal: alguén se fixo cargo del cando era neno, faio cando enferma, farao cando envelleza; farao cando envelleza; dalgunha maneira xestiona a súa rexeneración diaria, tanto corporal como emocional"[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en castelán) La tercera revolución de la modernidad. La revolución reproductiva. Revista Española de Investigaciones Sociológicas (Reis) N.º 122, 2008, pp. 89-118, pág. 109-114
- ↑ (en inglés) Antonella Picchio, Social Reproduction: The Political Economy of the Labour Market, Cambrigde University Press, 1992, ISBN, 0-521-41872-0, pág. 8 y ss.
- ↑ Escobar Meléndez, C.B.(2013). Unpaid Reproductive Labour: A Marxist Analysis, in Paul Zarembka (ed.) Contradictions: Finance, Greed, and Labor Unequally Paid (Research in Political Economy, Volume 28) Emerald Group Publishing Limited, ISBN 978-1-78190-670-5 pp.131 - 160.(en inglés)
- ↑ (en castelán) Mujer y trabajo - ACSUR - 2005, pág. 6, 7 y ss. Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) Silvia Federici, Revolution at Point Zero: Housework, Reproduction, and Feminist Struggle, PM Press, ISBN 978-1-60486-333-8, pag. 1 y ss Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Trabajo reproductivo, estadísticas, en Eustat
- ↑ (en castelán) Luis Garrido, La revolución reproductiva, en Salud, dinero y amor, Cecilia Castaño Collado (coord.), Santiago Palacios (coord.), Alianza, 1996, págs. 205-238 Arquivado 22 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Carrasquer, P.; Torns, T.; Tejero, E. y Romero, A. El trabajo reproductivo, Universitat Autònoma de Barcelona. Departament de Sociologia, Barcelona, Papers, 1998
- ↑ (en castelán) La relación entre los tiempos y las actividades del trabajo productivo y del reproductivo Arquivado 25 de agosto de 2017 en Wayback Machine., Carlos Lozares, Pedro Roldán y Joel Martí, Dpto. Sociología, Universidad Autónoma de Barcelona, revista Trabajo, 2004, Universidad de Huelva, ISSN 1136-3819, págs. 165-186
- ↑ Hester, Helen e Srnicek, Nick (2024). Después del trabajo. Una historia del hogar y la lucha por el tiempo libre (Maximiliano Gonnet, Trad.). Caja Negra Editora, 283
- ↑ cibcomorg (2023-11-24). "Socializar los cuidados: contra el realismo doméstico". cibcom (en castelán). Consultado o 2025-12-08.
- ↑ Amaia Pérez Orozco. Subversión feminista de la economía. Sobre el conflicto capital-vida. 2019