Saltar ao contido

Torre de Balbén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Balbén
ConcelloCarral
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°14′26″N 8°18′49″O / 43.240576, -8.313496Coordenadas: 43°14′26″N 8°18′49″O / 43.240576, -8.313496
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

A torre de Balbén, ou torre de Valbén,[1] é un pazo do século XVIII situada no lugar de Balbén da parroquia de Vigo, do concello de Carral. En 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural.

Mandouna construír Pedro de Ponte, quen estaba casado con María de Omaña. Alí naceu o seu fillo Sebastián Vicente. A última propietaria foi María Jesús Etcheverría, de orixe vasco-francesa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten dúas entradas, unha dianteira e outra traseira, e está constituído por numerosas ventás (20 aproximadamente). Ten tres balcóns, un na parte dianteira, outro na traseira e outro no lateral. A carón do balcón dianteiro ten un escudo. Na entrada ao pazo hai unhas escaleiras, e logo un camiño de pedra antes de chegar á porta da entrada. A construción está rodeada de arbustos, e ten un amplo xardín con árbores froiteiras, como nogueiras, castiñeiros ou maceiras. O recinto está rodeado por un muro de pedra.

Actualmente atópase en bo estado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Ficha da torre de Balbén no Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de agosto de 2020.