Tore André Flo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tore André Flo
Tore Andre Flo 2006 06 06.jpg
Información persoal
Nome completoTore André Flo
Nacemento15 de xuño de 1973
LugarFlo, Stryn,
Altura1.93
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1993–1994Sogndal44(21)
1995Tromsø26(18)
1996–1997Brann40(28)
1997–2000Chelsea112(34)
2000–2002Rangers53(29)
2002–2003Sunderland29(4)
2003–2005Siena63(13)
2005–2006Vålerenga24(4)
2006–2008Leeds United23(4)
2008–2009Milton Keynes Dons13(0)
2011–2012Sogndal22(2)
Total483(180)
Selección nacional
1995–2004Noruega76(23)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Tore André Flo, nado en Flo o 15 de xuño de 1973, é un ex-futbolista e adestrador infantil noruegués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É irmán dos tamén futbolistas Jostein Flo e Jarle Flo, e curmán de Håvard Flo. A súa carreira deportiva transcorreu entre Noruega e o Reino Unido. Os seus momentos de maior recoñecemento pasounos en clubs como o Chelsea ou o Rangers.[1] Tamén xogou no Siena da serie A italiana.

Foi internacional con Noruega, coa que marcou 23 goles en 76 partidos[2] e coa que disputou o Mundial de 1998.

Tras retirarse da competición profesional en xuño de 2010 estableceu en Inglaterra con Sean Faulkner a súa propia academia de fútbol, que adestra a nenos e mozos en diferentes escolas, clubs, campos de vacacións e centros de excelencia. En 2011 volveu a competir en Noruega mais en 2012 retirouse definitivamente, e logo volveu ao Chelsea, adestrando no Cobham Training Centre a menores de catorce anos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]