Topónimos xermánicos en Galicia

O Reino de Gallaecia (en latín: Gallaecia / Galliciense Regnum), foi un reino xermánico post-romano que existiu no noroeste da Península Ibérica entre os anos 411 e 585 e un dos primeiros reinos que se separaron do Imperio Romano. O reino foi fundado polos suevos, un pobo de orixe xermánica que, no ano 409, invadiu a Península Ibérica xunto cos vándalos e os alanos. Ocupando inicialmente as rexións costeiras das provincias romanas de Gallaecia e o norte de Lusitania e establecendo a capital en Braga, o reino mantivo a súa independencia ata o 585, cando foi anexionado polos visigodos e convertido na sexta provincia do reino visigodo.
Na zona correspondente á actual Galicia, hai varias localidades con toponimia xermánica. Pola distribución xeográfica podemos concluír que moitos destes nomes son de orixe sueva (ver mapa), pero descoñecemos esta lingua e é imposible diferenciala da lingua gótica, polo que sen dúbida debemos falar de orixe xermánica.[1] Todos estes nomes teñen como orixe o nome dunha persoa, formada principalmente por dúas palabras,[2] desgrazadamente os nomes de orixe xermánica foron dominantes ata finais do século XIII,[3] polo que é complicado chegar a unha data, tanto como poden tendo como orixe, o reino suevo, o reino visigodo ou, finalmente, a reconquista, como o caso paradigmático da cidade de Guimarães que ten como nome, o do fundador Vimara Pérez, que viviu no século IX. A orixe dos nomes da seguinte lista, non exhaustiva, de cidades, vilas e parroquias procede da obra de Joseph-Maria Piel: "Os nomes germânicos na toponimia portuguesa".
Distribución dos nomes de orixe xermánica
[editar | editar a fonte]| Distritos/Provincias | A Coruña | Lugo | Braga | Porto | Pontevedra | Ourense | Viana do Castelo | Aveiro | Viseu | Asturias | Vila Real | Braganza | León | Xirona | Burgos | Coímbra |
| % (dos 2400 nomes) | 15,9 | 15,3 | 11,7 | 10,7 | 8,6 | 6,2 | 5,1 | 3,5 | 3,5 | 2,8 | 2,4 | 1,3 | 1,2 | 1,1 | 1 | 1 |
Localidades
[editar | editar a fonte]| Nome xermánico ou baixo latín |
Nome actual | Orixe |
|---|---|---|
| Athavulfus ou Athaulfi | Atha/vulfus de Athal: Nobre e wulfs: lobo | |
| Alvith ou Alviti | Alvite | Vén de Alvith (príncipe érulo (suevo) do século VI |
| Berosendi | Arosa | Non aparece na obra de Piel. |
| Boiro | Boiro | Para Piel vén de Bur: Casa (rara excepção, não sendo o nome dunha persoa) |
| Florentii | Chorente | Non aparece na obra de Piel. |
| Corveti | Corvite | Sen explicación |
| Eirici | Eiriz | Debe vir de Aria:Nobre e Reiks: Rei latinizado en ricus, rici e finalmente "riz" |
| Ermarici | Esmoriz | Vén de Asca-ricus que máis tarde deu o nome de Ascárico por exemplo Ascárico de Braga. Asca vén de Ask : Ash e '"Ricus" de Reiks : Rei |
| Spanarici | Espariz | Do baixo latino Hispanus e do xermánico riz de Reiks: Rei |
| Fagildi | Faílde | De Fahs: Alegre e de Hildis: Loita |
| Frumarici | Formariz | De Fruma: Primeiro e "riz" de Reiks: Rei |
| Walamiri | Gamil | De Walamir rei ostrogodo, de Waijan: Eleger ou Walisa: Verdadeiro, puro e de "Miri" que deu mil, que vén de Mers : Célebre |
| Gaderii | San Martiño de Gueral | Non aparece na obra de Piel. |
| Vimaredi | Guimarei | Vén de Vimares e de Reþs: Consello |
| Gundari | Gondar | Provén de Gunþ-harjis que significa "exército de combate", ou mellor "exército listo para o combate"(gundi: luta, harjis: Exército) |
| Gundesindi | Gondesende | De Gundi : Loita e "ende" de Sinths : camiño, expedición ou noutras palabras o nome é "Indo ao combate". |
| Gundemari | Gondomar | De Gunda: O combatente e Marhs: Cabalo ou sexa o Cabaleiro. |
| Gundemiri | Gondomil | De Gunda: O loitador e "Miri" que deu mil, vén de Mers: Célebre ou sexa, o nome é o Celebre loitador |
| Gundilfi | Gondufe | De Gunda:O combatente e Ulfi: Lobo ou sexa o Lobo combatente. |
| Gosendi | Gosende | Pode vir dunha raíz latina de Gaudium : pracer, alegría que deu gaudio ou dunha raíz gótica descoñecida con ao final Sinths : camiño, expedición |
| Leoderedi | Lordelo | Non aparece na obra de Piel. |
| Margariti | Margaride | Non aparece na obra de Piel. |
| Malarici | Mariz | Vén de Malaricus, nome dun príncipe suevo, de Mala inexplicable por piel e "riz" de Reiks: Rei. |
| Mauregati | Morgade | Mauregatus nome dun rei visigodo, poderá vir en parte de Hathus: Loita, combate |
| Mauri | Moure | Provén do nome Maura do nome latino Maurus |
| Maurici | Mouriz | Do nome latino Maurus e de Reiks: Rei |
| Nandulfi | Nandufe | Vén de Nanþjan: Ousar e de Wulf: Lobo |
| Palmacii | Palmaz | Non aparece na obra de Piel. |
| Rabaldi | Rabal | Vén de Hrabns: Corvo e de Waldan:Gobernar |
| Randiz | Rande | De Randa: Bordo, e escudo |
| Recaredi | Recarei | Vén de Reiks: Rei |
| Romarici | Romariz | Vén do nome Romaricus de Hrôms: Gloria e Reiks: Rei |
| Sambati | Sambade | Non aparece na obra de Piel. |
| Sauarici | Sabariz | "Saba" de orixe descoñecida e "riz" de Reiks : Rei |
| Salamiri | Samil | De Sals: Sala e "Miri" que deron mil, vén de Mers : Celebridade. |
| Sisnandus | Sernande | Provén de Sisus: Canto fúnebre e de Nanþs: descarado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Joseph M. Piel en, Os nomes germânicos na toponímia portuguesa, Boletim de Filologia, Tome II, Junta de Educação Nacional, Centro de Estudos de Filológicos, Imprensa Nacional de Lisboa, 1933
- ↑ Joseph M. Piel en, Os nomes germânicos na toponímia portuguesa, Boletim de Filologia, Tome II, Junta de Educação Nacional, Centro de Estudos de Filológicos, Imprensa Nacional de Lisboa, 1933
- ↑ REIS, Vanessa Azevedo —“DIZ-ME COMO TE CHAMAS, DIR-TE-EI QUEM ÉS”: Amostra antroponímica do Porto e seu termo (1431-1438). Omni Tempore. Atas dos Encontros da Primavera 2017. Volume 3 (2018). Pp176-214.
- ↑ G. Sachs, Die germanischen Ortsnamen in Spanien und Portugal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joseph Maria Piel (1934). "Os nomes germânicos na toponímia portuguesa", Boletim de Filologia, vol.II-VII, Centro de Estudos Filológicos, Lisboa.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |