Manolo Gómez Bur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manolo Gómez Bur
Nacemento21 de abril de 1917
 Madrid
Falecemento30 de maio de 1991
 Andalucía
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Gómez López do Oso, nado en Madrid o 21 de abril de 1917 e finado en Bailén o 30 de maio de 1991,[1] foi un actor español, fillo do tamén actor Vicente Gómez Bur.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou profesionalmente como actor ao final da guerra civil española seguindo os pasos da súa familia, debutando no escenario en 1939 no xénero da revista con obras como Doña Mariquita de mi corazón (1942). En anos sucesivos formou parte das compañías de Ana Adamuz (coa que interpretou en 1944 La calumniada, dos irmáns Álvarez Quintero), Conchita Montes e Isabel Garcés, e triunfou no teatro con interpretacións entre as que destacaron as obras Su amante esposa (1950), Cena de Navidad (1951), Las dos Virginias e Devuélveme a mi señora.

Debutou na pantalla grande en 1951 de mans de Edgar Neville, ao mando do que filmou Cuento de hadas. Foi o primeiro dunha lista de filmes que se achega ao centenar de títulos. Actor eminentemente cómico, especializouse en personaxes castizos e caracterizados por unha certa inxenuidade, que o converteron nun dos actores máis queridos polo público dos anos 60, década na que se desenvolveu a maior parte da súa carreira cinematográfica.

Durante eses anos interveu en filmes tan célebres do cine español do momento como Las chicas de la Cruz Roja (1958), de Rafael J. Salvia, El día de los enamorados (1959), de Fernando Palacios, La corista (1960), de Jose Maria Elorrieta, Tú y yo somos tres (1964), de Rafael Gil, Tres de la Cruz Roja (1961), de Fernando Palacios, La ciudad no es para mí (1965), de Pedro Lazaga, Amor a la española (1967), de Fernando Merino, Las que tienen que servir (1967), de José María Forqué, Los subdesarrollados (1967), de Ricardo Merino, Soltera y madre en la vida (1969), de Javier Aguirre ou Las Ibéricas F.C. (1971), de Pedro Masó.

En 1973, protagonizou a serie Animales racionales para Televisión Española.

A partir dese momento, espazou as súas intervencións no cinema para potenciar de novo a súa carreira teatral, conseguindo éxitos notables como La extraña pareja (1965), El señor Adrián, el primo (1966), El inocente (1969), La sopera (1972), La venganza de Don Mendo (1977), Barba Azul y sus mujeres (1980) e La señora presidenta (1982).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]