Amigdalectomía
Amigdalectomía | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Gorxa un día após a amigdalectomía. | |
ICD-9 | 28.2 |
MedlinePlus | 003013 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A amigdalectomía, tamén denominada tonsilectomía, é a exéresis ou extirpación cirúrxica das amígdalas palatinas (a súa inflamación coñécese tradicionalmente por anxinas), localizadas no padal, na parte posterior da gorxa. É unha intervención levada a termo por un otorrinolaringólogo. Realízase baixo anestesia e dura uns 30 minutos. É unha operación que se realiza tanto en nenos coma en adultos. A amigdalectomía é unha intervención cirúrxica que ten máis de 3.000 anos de antigüidade[1] na que, tradicionalmente, producíase a extracción de ámbalas dúas amígdalas, unha a cada lado da farinxe, localizadas na chamada fosa tonsilar ou fosa amigdalina.
Esta intervención adóitase levar a cabo en doentes que padecen amigdalites de repetición (da orde de máis de 4 nun ano, máis de 3 por ano durante 2 anos, ou máis de dous ao ano durante tres anos). Outras razóns pola que se indica a extracción das amígdalas son a apnea obstrutiva do sono (doenza que produce ronquido intenso até o punto de impedir respirar correctamente durante o sono), obstrución nasal da vía aérea, afectación diftérica ou abscesos periamigdalinos. En nenos é típico realizar conxuntamente a amigdalectomía xunto coa exéresis das adenoides (adenoidectomía).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Gorxa con amigdalite.
-
Dúas amígdalas extirpadas.
-
Gorxa un día após amigdalectomía..
-
Gorxa varios días após amigdalectomía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Amígdala palatina (tonsila)
- Adenoidectomía
- Amigdalite
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- CECHIN Cirurxía das amígdalas.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amigdalectomía |