Tomás Pardo Vidal
Tomás Pardo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome completo | Tomás Pardo Vidal | ||
Nacemento | 14 de setembro de 1957 (66 anos) | ||
Lugar | Alzira, España | ||
Posición | Segunda liña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | ||
1974-1978 | Vichy | ||
1978-1980 | Saint Jean de Luz | ||
1980-1986 | R.C. Valencia | ||
1986-1992 | R.C. Alzira | ||
Selección nacional | |||
1976-1988 | España | 38 caps |
Tomás Pardo Vidal, nado o 14 de setembro de 1957 en Alzira, é un ex xogador de rugby internacional 38 veces coa selección española, entre 1976 e 1988. A súa posición no campo era a segunda liña, reservada a xogadores de grande estatura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira deportiva en 1970 nas categorías inferiores do equipo francés de Vichy. En 1974 debutou co primeiro equipo, e en 1978 mudouse ó equipo de Saint-Jean-de-Luz que competía na máxima categoría do rugby francés. En 1980 volveu a España para xogar no Rugby Club Valencia co cal gañou a liga en 1982/83 e foi subcampión da Copa do Rei en 1985/86. Cofundador do Rugby Club Alzira en 1983, ese equipo da súa cidade natal foi o da súa retirada como xogador en 1992, comezando despois unha carreira como adestrador que inclúe unha participación na Copa do Mundo de Rugby 1999 como axudante do seleccionador Alfonso Feijoo.
Datos persoais[editar | editar a fonte]
De profesión bombeiro, os seus fillos Lionel e Yannick son xogadores de rugby profesionais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- [1] Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- [2]