Saltar ao contido

Tomás López da Torre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTomás López da Torre

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementonovembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Betanzos
abril de 1936 – xullo de 1936
← Ramón Beade Méndez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3395

Tomás López da Torre ou Datorre, nado en Betanzos en novembro de 1899 e finado na Coruña o 1 de outubro de 1936, foi un avogado e político socialista galego, executado vítima da represión na zona franquista durante a Guerra Civil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Madrid. Empezou como pasante de Agustín García e logo instalouse como avogado. Colaborou coa Irmandade da Fala de Betanzos. Membro da Unión Xeral de Traballadores (UXT) e do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), foi elixido concelleiro de Betanzos durante a Restauración dúas veces, unha delas en plena ditadura primoriverista, polo que foi expedientado no PSOE e rehabilitado máis tarde, tras a proclamación da República en 1931. Colaborou en La Voz de Galicia e El Pueblo Gallego. Coa revolución de 1934 foi procesado e encarcerado, e ao saír de prisión encargouse da defensa dos mineiros e dirixentes sindicais procesados na folga xeral revolucionaria de 1934. Colaborou en El Obrero.[1][2] Foi brevemente alcalde de Betanzos, entre abril e xullo de 1936 e deputado provincial.

O 22 de xullo dese ano, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, columnas de blindados das tropas sublevadas procedentes da Coruña aproximáronse a Betanzos, enfrontándose aos veciños leais á República e a algúns membros da Garda Civil. Terminada a resistencia, os milicianos e autoridades fuxiron da cidade. Tras a ocupación polos sublevados de Betanzos, foron incendiados a igrexa e o mosteiro de San Francisco, así como a biblioteca (unha das máis importantes da provincia coruñesa) e parte do concello, a mans de tres paisanos procedentes de Ferrol e que foran aleccionados para iso polos sublevados, un deles membro das Juventudes Socialistas Unificadas e que foi despois destacado dirixente de Falanxe Española durante a ditadura franquista. Os asaltos e incendios foron atribuídos aos republicanos aplicándose unha dura represión sobre os mesmos. O mesmo día 22, Tomás xunto con José Novo Rodríguez, que tamén fora alcalde da localidade, tras fuxir xuntos de Betanzos foron detidos polos sublevados á altura de Guitiriz. Acusouse a Tomás de rebelión militar por resistir aos sublevados e de ser un dos responsables dos incendios e saqueos de Betanzos, feitos estes últimos que negou argumentando que el xa se atopaba detido cando se sucederon os asaltos. Na súa última carta preso pouco antes de morrer, sinalaba sobre os feitos e o seu proceso:

[...] Después de dos meses de preso durante los cuales se instruyeron dos expedientes que fueron sucesivamente examinados para ver si había materia en que fundar mi muerte, se me sigue un juicio “sumarísimo” que dura dos días entre el procesamiento y la condena, donde se me prohíbe defenderme, viéndome obligado a confiar esta misión a un amigo, Tte. de Artillería, que se comportó caballerosamente, ayudándome a bien morir. Tuve que contestar en unos minutos, de noche, a un sin fin de cargos, todos absolutamente falsos, fundados en supuestos dichos de gentes que no comparecían, ni se relacionaban o habían muerto sin guardar constancia de su declaración. Pero por encima de todo esto, carente de base, existía el motivo cierto: se castigaba en mí al Abogado que en Asturias luchó en favor de los procesados por Octubre de 1934. La misma persona que entonces me corrigió disciplinariamente, ahora firma mi sentencia. Es la lógica consecuencia de haberlo conservado en el puesto. [...]

Xulgado en consello de guerra sumarísimo o 26 de setembro de 1936,[3] foi condenado á pena de morte e executado no Campo da Rata o 1 de outubro con Manuel Iglesias Rodríguez, Rogelio García Rodríguez e Juan Fraga Bello.[4][5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Luisa Loureda Espiñeira e foi pai de Tomás López Loureda.

  1. El Obrero, 7-9-1935, p. 1.
  2. El Obrero, 30-5-1936, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 26-9-1936, p. 2.
  4. El Diario de Pontevedra, 3-10-1936, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 3-10-1936, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ramón Beade Méndez
 
Alcalde de Betanzos
 
1936
Sucesor:
Ángel González Vázquez