Saltar ao contido

Tlamatini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un tlamatini observando o firmamento (Codex Mendoza, 1507)
Un tlamatini observando o firmamento (Codex Mendoza, 1507)

Tlamatini (en plural, tlamatinime) é unha palabra en náhuatl que significa "o que sabe algo". En xeral, tradúcese como "persoa sabia".

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra tlamatini deriva do verbo transitivo mati, que significa "saber". A este, engádese o prefixo tla-, que indica un obxecto inanimado sen identificar, e que adoita traducirse por "algo". Tamén se lle engade o sufixo -ni, que posúe o sentido de "persoa que se caracteriza por algo". Xa que logo, tlamatini é "unha persoa que se caracteriza por saber algo"; é dicir, "unha persoa sabia" ou "alguén que sabe".[1]

Filósofos

[editar | editar a fonte]

O estudoso da cultura e a lingua náhuatl Miguel León Portilla traduciu o termo tlamatini como "filósofo", identificando ambas figuras. A estes tlamatinime dedicou o seu clásico estudo La filosofía náhuatl estudiada en sus fuentes (1956).[2] Porén, este tipo de comparacións pódese atopar xa en textos occidentais da época da conquista. Por exemplo, Bernardino de Sahagún refírese aos tlamatinime como "filósofos" ou "sabios".[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]