Tiqqun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tiqqun
FundadorJulien Coupat
editar datos en Wikidata ]

A revista Tiqqun foi o traballo dun colectivo francés de autores de filosofía e activistas homónimo. Publicaron dous volumes, o primeiro no ano do seu nacemento en 1999 e o último durante a súa disolución en Venecia no ano 2001[1]. A revista enmárcase dentro do contexto da filososía radical de

"recrear as condicións doutra comunidade." — (Anónimo: Eh bien, la guerre! "Tiqqun 1").

Orixe e uso do nome[editar | editar a fonte]

O nome da revista provén da grande importancia que os redactores outorgaron ao concepto filosófico de Tiqqun.[2] Trátase da transcrición afrancesada do termo de orixe hebraica Tikun olam, un concepto derivado do xudaísmo adoito empregado na tradición cabalística e mesiánica, que significa asemade 'reparación, restitución e redención', e que cubre na meirande parte, entre outras cousas, a concepción xudía da xustiza social.

Alén destes dous elementos, tamén se usa o termo, especialmente na expresión «os Tiqqun»[3], para designar o comité de redacción ou un grupo máis vasto.

Autoría[editar | editar a fonte]

A autoría de cada artigo de Tiqqun non é atribuída a xeito individual. Mais na contraportada do primeiro número incluíase unha mención grupal ao consello de redacción, formando parte del aparecían os nomes dos activistas: Julien Boudart, Joël Gayraud, Fulvia Carnevale, Julien Coupat, Junius Frey, Stephan Hottner e Rémy Ricordeau. O grupo tamén usa en diversos ensaios o alcume grupal do "Comité Invisíbel".

Filosofía[editar | editar a fonte]

O proxecto de Tiqqun asenta esencialmente sobre catro fontes: o pensamento Heideggerdiano, recollendo o seu conxunto de pensamentos en metafísica; reflexións sobre a Cábala xudea; a filosofía e movemento político do nihilismo; así como a análise do traballo do antropólogo Ernesto de Martino dentro dunha arenga cara a necesidade de despolitizarse para politizarse. Neste desplazamento, argumentan: os sentidos preexistentes, sedimentados, retorceranse para imporse ao intentar, non tanto, responder ás novas preguntas como iluminalas baixo a luz doutras referencias.

Tiqqun chama “Bloom” a ese punto de partida doutra politización posíbel. O Bloom é unha certa debilidade existencial, característica da nosa condición contemporánea. É a figura que designa a nosa situación de impotencia e indiferencia ante o mundo.

De Martino reproduce unha cita do psicólogo Pierre Janet (1859-1947) sobre os síntomas da psicastenia que Tiqqun enumera para o Bloom: "nesta enfermidade obsérvase unha caída da 'tensión mental', é dicir da capacidade de síntese e de concentración, coa conseguinte perda da 'función do real'. Xorde entón un estado de angustia, unha sensación de incompletitude, de extrañeza da persoa e do mundo circundante.”[4]

Controversia e atención mediática[editar | editar a fonte]

A notoriedade do grupo de activistas Tiqqun estourou coa publicación do ensaio filosófico L'Insurrection qui vient (A insurrección que vén), precedente ao arresto de Julien Coupat e outros oito activistas trala sabotaxe á liña férrea de alta velocidade francesa TGV en Novembro de 2008, con alegacións que enmarcaron o ataque dentro do movemento antinuclear. A policía e os medios franceses falaron de emerxencia e da necesidade de eliminar o movemento por completo por constituír unha ameaza seria. Nos EUA a controversia acadou o debate académico, onde anarquistas e pensadores de esquerda debatiron se a filosofía recollida nese ensaio, que partía de conceptos publicados por Foucault, fora ou non malinterpretada ou esaxerada polos autores.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fra Tiqqun til Tarnac Fransk radikalisme på 2000-tallet"nynorsk
  2. Concepto presentado no artigo «Théorie du Bloom», Tiqqun 1, p. 36.
  3. Poncet, Emmanuel (1 de outubro de 2003). "Jeune-Fille, l'avide recherche". Technikart (76). 
  4. "Tiqqun"(en inglés)
  5. "Tiqqun"(en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]