Tino di Camaino
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1280 Siena |
| Morte | 1337 (Gregoriano) Nápoles |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Nápoles (1323–1337) Florencia (1321–1323) Siena (1315–1320) Pisa (1306–1315) |
| Ocupación | escultor, arquitecto |
| Profesores | Giovanni Pisano e Camaino di Crescentino (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pai | Camaino di Crescentino |
Tino di Camaino, nado en Siena contra o 1280 e finado en Nápoles contra o 1337, foi un escultor italiano do período gótico.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Fillo de Camaino di Crescentino, arquitecto sienés, foi discípulo de Giovanni Pisano, a quen axudou na realización dos relevos da fachada do Duomo de Siena. Seguiu o seu mestre cando se trasladou a Pisa, onde foi nomeado mestre de obras da Catedral (1311). Executou nese período o Monumento fúnebre de Henrique VII (1315). Alí mesmo en Siena, onde estivo entre 1315 e 1320, realizou tamén, en 1317, outro monumento funerario, o do cardeal Petroni. O seu Monumento fúnebre do bispo Orso foi executado para o Duomo de Florencia despois de 1321.
En Florencia
[editar | editar a fonte]Outras obras famosas do seu período fiorentino son a Madonna do Museo Nacional do Bargello e máis a Caridade do Museo Bardini, ademais da Tumba de Gastone della Torre, conservada no Museo da basílica da Santa Croce.
En Nápoles
[editar | editar a fonte]Desde 1323 traballou en Nápoles, ao servizo de Roberto d'Angiò, onde realizou numerosos monumentos funerarios: en 1323 o de Catarina de Austria na San Lorenzo Maggiore; arredor de 1325 o da raíña María de Hungría na Santa Maria Donnaregina. Para Santa Clara, xa nos últimos anos da súa vida, realizou os sepulcros de Carlo de Calabria e de María de Valois.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tino di Camaino |