Tim Scott (artista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTim Scott
Biografía
Nacemento18 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte de Saint Martin Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola de Arte de Saint Martin
Academy of Fine Arts, Nuremberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoArte abstracta e Arte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Tim Scott, nado en 1937 en Londres, Reino Unido,[1] é un escultor británico coñecido polas súas esculturas abstractas feitas de acrílico transparente e aceiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mentres estudaba arquitectura, Scott tamén estudou escultura a tempo parcial na Escola de Arte de Saint Martin, onde tamén foi máis tarde profesor.[2] Inspirado no exemplo de David Smith, Scott comezou a facer esculturas empregando materiais como fibra de vidro, vidro, metal e follas de acrílico.[3]

Scott formou parte dun grupo de novos escultores coñecidos como Nova Xeración, que expuxeron xuntos en Londres a mediados dos anos 1960.[4]

Nos anos 1970, Scott creou a súa innovadora serie de esculturas de acrílico e aceiro en lousas grosas. Frustrado en última instancia pola fraxilidade dos plásticos naquel momento, cambiou ao aceiro polo seu material, abandonando as súas follas de acrílico por completo.[3]

A obra de Tim Scott pódese atopar en moitas coleccións importantes, incluíndo 12 obras na Tate, Londres,[5] e no Museo de Arte Moderna de Nova York.[6] As súas esculturas tamén foron expostas en mostras colectivas, incluída a exposición itinerante Kaleidoscope: Color and Sequence in Arts British de Arts Council, que estivo no Yorkshire Sculpture Park en xuño de 2017.[7]

Foi, entre outros traballos, profesor na Akademie der Bildenden Künste Nürnberg (Academia de Belas Artes de Núremberg).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tim Scott | Artist | Royal Academy of Arts". www.royalacademy.org.uk. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  2. "Pangolin London - Tim Scott". www.pangolinlondon.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Tim Scott – Collection Database". Kettle's Yard (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro dde 2021. 
  4. "Poussin Gallery". www.poussin-gallery.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  5. Tate. "Search results". Tate (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  6. New Art Centre. Tim Scott Arquivado 19 de maio de 2015 en Wayback Machine..
  7. "Sam Cornish". www.saturationpoint.org.uk. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]