Thérèse-Éléonore Lingée
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Thérèse-Eléonore Hémery c. 1750 París, Francia |
Morte | 22 de xaneiro de 1818 (67/68 anos) París, Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | gravadora |
Familia | |
Cónxuxe | Charles Louis Lingée |
Thérèse-Éléonore Lingée, nada como Thérèse-Éléonore Hémery en París en 1753, e finada en 1833, foi unha deseñadora e gravadora francesa, que pertencía a unha familia de gravadores.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en París, Thérèse-Éléonore é a irmá máis nova de Marguerite Hémery, gravadora nada en 1745, que casou co prolífico Nicolas Ponce, e do gravador Antoine-François Hémery, nado en 1751.[1] Probablemente foi Marguerite quen a introduciu por primeira vez na arte do cicel e o punteado. Desenvolveu un talento particular para a técnica do crayón ao interpretar a Jean-Michel Moreau, André Pujos e Charles-Nicolas Cochin, incluídos moitos retratos en medallóns.[2] Traballou para a colección do Gabinete de Poullain (1781), publicada por Basean e Poignant.
A súa presenza no Salón de París queda testemuñada en 1781 con O rapto das sabinas, segundo Cochin.[3] Pouco antes da Revolución Francesa, realizou unha serie de retratos gravados dos membros da Sociedade Académica dos Fillos de Apolo segundo Moreau e Cochin[2] e é mencionada neste momento como parte da Academia de Marsella.[2]
Casou co gravador Charles-Louis Lingée (1748-1819), e tivo cando menos dous fillos. A parella residiu na rue Saint-Jacques. Asinou as súas propias obras co nome do seu marido, mesmo despois do seu divorcio. Logo casou cun tal Lefebvre (ou Lefèvre), pintor;[4] con quen expuxo no Salón de 1793 baixo o nome de "cidadá Lingée, esposa Lefèvre". A parella viviu na rue des Lions-Saint-Paul.[5][6]
Entre 1813-1814, aínda se atopa activa e participa na colección do Museo de pintura e escultura, coordinada por Étienne Achille Réveil. Unha das súas últimas direccións é a rue Mazarine. A súa data de morte varía entre 1820 e 1833.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antoine François Hémery, sur data.bnf.fr.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Portalis et Beraldi, Les graveurs du Dix-huitième siècle, París, Morgand et C. Fatout, 1881, tome II, p. 719-721.
- ↑ Jacob Bean, Lawrence Turcic, 15th-18th Century French Drawings in the Metropolitan Museum of Art, Nova York, Metropolitan Museum of Art, 1986, p. 71. (en inglés)
- ↑ Notice biographique d'« Eléonore Lingée », Museo Británico (en inglés)
- ↑ Lefebvre (citoyenne), notice du Salon de 1793, Base salons du musée d'Orsay.
- ↑ Lefebvre, peintre, rue des Lions Saint-Paul, Notice du Salon de 1793, Base salons du musée d'Orsay.
- ↑ « Thérèse-Éléonore Lingée », Washington, National Gallery of Art.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thérèse-Éléonore Lingée |