Thérèse-Éléonore Lingée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThérèse-Éléonore Lingée
Biografía
Nacemento(fr) Thérèse-Eléonore Hémery Editar o valor em Wikidata
1753 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1833 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1781 Editar o valor em Wikidata)
Familia
CónxuxeCharles Louis Lingée Editar o valor em Wikidata

Thérèse-Éléonore Lingée, nada como Thérèse-Éléonore Hémery en París en 1753, e finada en 1833, foi unha deseñadora e gravadora francesa, que pertencía a unha familia de gravadores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Testa de neno (c. 1777) de Greuze, impreso en sepia, MET, Nova York.

Nada en París, Thérèse-Éléonore é a irmá máis nova de Marguerite Hémery, gravadora nada en 1745, que casou co prolífico Nicolas Ponce, e do gravador Antoine-François Hémery, nado en 1751.[1] Probablemente foi Marguerite quen a introduciu por primeira vez na arte do cicel e o punteado. Desenvolveu un talento particular para a técnica do crayón ao interpretar a Jean-Michel Moreau, André Pujos e Charles-Nicolas Cochin, incluídos moitos retratos en medallóns.[2] Traballou para a colección do Gabinete de Poullain (1781), publicada por Basean e Poignant.

A súa presenza no Salón de París queda testemuñada en 1781 con O rapto das sabinas, segundo Cochin.[3] Pouco antes da Revolución Francesa, realizou unha serie de retratos gravados dos membros da Sociedade Académica dos Fillos de Apolo segundo Moreau e Cochin[2] e é mencionada neste momento como parte da Academia de Marsella.[2]

Casou co gravador Charles-Louis Lingée (1748-1819), e tivo cando menos dous fillos. A parella residiu na rue Saint-Jacques. Asinou as súas propias obras co nome do seu marido, mesmo despois do seu divorcio. Logo casou cun tal Lefebvre (ou Lefèvre), pintor;[4] con quen expuxo no Salón de 1793 baixo o nome de "cidadá Lingée, esposa Lefèvre". A parella viviu na rue des Lions-Saint-Paul.[5][6]

Entre 1813-1814, aínda se atopa activa e participa na colección do Museo de pintura e escultura, coordinada por Étienne Achille Réveil. Unha das súas últimas direccións é a rue Mazarine. A súa data de morte varía entre 1820 e 1833.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antoine François Hémery, sur data.bnf.fr.
  2. 2,0 2,1 2,2 Portalis et Beraldi, Les graveurs du Dix-huitième siècle, París, Morgand et C. Fatout, 1881, tome II, p. 719-721.
  3. Jacob Bean, Lawrence Turcic, 15th-18th Century French Drawings in the Metropolitan Museum of Art, Nova York, Metropolitan Museum of Art, 1986, p. 71. (en inglés)
  4. Notice biographique d'« Eléonore Lingée », Museo Británico (en inglés)
  5. Lefebvre (citoyenne), notice du Salon de 1793, Base salons du musée d'Orsay.
  6. Lefebvre, peintre, rue des Lions Saint-Paul, Notice du Salon de 1793, Base salons du musée d'Orsay.
  7. « Thérèse-Éléonore Lingée », Washington, National Gallery of Art.