Thomas de Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1621 Ilha Divar (Imperio Portugués) |
Morte | 16 de xullo de 1684 (62/63 anos) |
Bispo titular | |
30 de agosto de 1675 – Diocese: Fussola (en) | |
Vigairo apostólico | |
30 de agosto de 1675 – Diocese: Vicariato Apostólico do Malabar (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1675–), Sacerdote católico de rito romano, escritor |
Orde relixiosa | Teatinos (pt) |
Consagración | Francesco Nerli (pt) |
Thomas de Castro, nado c. 1621/1626 en Divar (Goa, India portuguesa) e finado o 16 de xullo de 1684/1689, foi un eclesiástico católico indio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu arredor de 1621/1626[1] na illa de Divar, na Goa baixo soberanía portuguesa.[2] De casta brahmana,[2][3] foi levado a Roma polo seu tío Matheus de Castro, e alí entrou na congregación dos teatinos.[2][4] Durante a súa estancia en Roma foi profesor de Filosofía e Teoloxía e mestre de novizos.[2]
Foi elixido para evanxelizar na India, nomeado e consagrado bispo titular de Fulsivelem en 1671.[2][4] Foi nomeado polo papa Clemente X vigairo apostólico para os reinos de Cochín, Tanur, Madurai, Kodungallur, Kannur, Mysore e Gingee e a costa do Canará (costa do actual estado de Karnataka).[2][3][4] Foi tamén inquisidor xeral na rexión.[2] O seu nomeamento provocou un conflito entre a Congregación para a Propagación da Fe e as autoridades portuguesas que mantiñan o sistema de padroado.[3][5]
Para evitar aos portugueses, que non aceptaban o nomeamento dun nativo, viaxou por terra a través de Siria e Mesopotamia.[3] Tres anos máis tarde, en 1674, chegou á India. Levou a cabo unha labor misioneira intensa, tendo como sé Mangalore.[3] Como vigairo tivo conflitos de xurisdición co arcebispo de Goa Antonio Brandão.[2] As autoridades tentaron prohibir aos cristiáns do Kanara recibir os sacramentos das súas mans ou das dos seus sacerdotes se o vigairo de Castro non recoñecía a xurisdición do arcebispo na rexión.[3] De Castro respondeu excomungando a aqueles que recibisen os sacramentos dos misioneiros suxeitos ao padroado.[3]
Finou no Kanara, o 16 de xullo de 1689, aos 63 anos.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As diferentes fontes dan a súa morte aos 63 anos, en 1684 ou en 1689.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 de Abreu, Miguel Vicente (1874). Noção de alguns filhos distinctos da India portugueza que se illustraram fora da patria. Nova Goa: Imprensa Nacional. pp. 70-71.
Thomaz de Castro sobrinho do bispo D. Matheus de Castro, tambem natural da minha aldea Divar, bramane, que o acompanhou em tenra idade á Roma e aonde entrou na ordem dos clerigos regulares da divina providencia e ahi ocupou os cargos de lente de philosophia e theologia e mestre dos noviços.— Eleito para vir missionar na India foi nomeado prefeito no convento dos seus religiosos em Roma pelo santo padre, elevado a bispo de Fulsivelem e sagrado em 1671.— Tres annos depois chegou á India como vigairo apostolico e inquisidor geral;— entrou no Canará em 1677 e esteve em lucta aberta com o arcebispo de Goa D. Frei Antonio Brandão acerca das questões da jurisdicção [...] Chegou a India em 1674, com os titulos de vigairo apostolico nos reinos de Cochim, Tanor, Ginge, Maduré Moinsur, Cranganor, Cananor e toda a costa do Canará, com o cargo de inquisidor geral nella, e fundador da sua missão [...] e veio a fallecer em Canará, aonde residia, aos 16 de xulho de 1689, sendo de idade de 63 annos.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Shastry, Bhagamandala Seetharama (2000). Goa-Kanara Portuguese Relations, 1498-1763. Concept Publishing Company. p. 260. ISBN 9788170228486.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Vaz, J. Clement (1997). Profiles of Eminent Goans, Past and Present. Concept Publishing Company. p. 58. ISBN 9788170226192.
- ↑ O padroado foi un acordo no que o papado delegou nos monarcas portugueses a organización das actividades relixiosas nos diferentes dominios destes.