Thomas Kyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Thomas Kyd
Kyd-SpanishTragedie-title.JPG
Nacemento3 de novembro de 1558
 Londres
Falecemento16 de xullo de 1594
 Londres
SoterradoLondres
NacionalidadeReino Unido
Educado enMerchant Taylors' School
Ocupacióndramaturgo e escritor
editar datos en Wikidata ]

Thomas Kyd, nado o 3 de novembro de 1558 e finado o 16 de xullo de 1594, foi un dramaturgo inglés, autor de The Spanish Tragedie, unha sanguenta peza (considerada antecedente de Hamlet) que tivo grande éxito e influencia na súa época. Thomas Kyd é unha das figuras máis importantes do teatro isabelino.

Malia que era moi coñecido na súa propia época, a obra de Kyd permaneceu enterrada ata 1773, ano en que Thomas Hawkins, un dos primeiros editores de The Spanish Tragedie, descubriu que Kyd era nomeado como autor da obra na Apologie for Actors (1612) de Thomas Heywood. Cen anos despois, académicos ingleses e alemáns comezaron a investigar a súa vida e obras, incluíndo o controvertido achado de que podería ser o autor de unha versión de Hamlet anterior a Shakespeare.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Thomas Kyd era fillo de Francis e Anna Kyd. Foi bautizado na igrexa de St Mary Woolnoth, en Lombard Street, Londres o 6 de novembro de 1558. Como os bautismos nesa época efectuábanse tres días despois do nacemento, é de supoñer que Kyd naceu o 3 de novembro. O rexistro de bautizos da igrexa de St Mary Woolnoth mostra esta inscrición: "Thomas, son of Francis Kyd, Citizen and Writer of the Courte Letter of London". Francis Kyd era escribiente e a partir de 1580, gardián ou administrador da Scriveners' Company de Londres.

En outubro de 1565 o mozo Kyd foi inscrito na recentemente fundada Merchant Taylors' School, cuxo director era Richard Mulcaster. Entre os seus compañeiros atopábanse Edmund Spenser e Thomas Lodge. Nesta escola Kyd recibiu unha educación moi completa, grazas ás ideas progresistas de Mulcaster. Ademais de latín e grego, o currículum incluía música, drama, educación física e modais. Non existe evidencia de que Kyd asistise a ningunha das universidades. Poida que durante un tempo seguise o oficio do seu pai, pois existen dúas cartas escritas por el vinculadas ao oficio, e a grafía da súa escritura suxire que foi adestrado como escribente.

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

A evidencia suxire que Kyd converteuse nun dramaturgo importante para finais do século XVI, pero pouco se coñece da súa actividade. Francis Meres, quen escribiu sobre os dramaturgos da época isabelina e cuxa obra empregar como fonte de información deses autores, situoulle entre "os mellores dos noso para a traxedia", e Heywood adoita nomealo como "o famoso Kyd". Ben Jonson menciona a Kyd no mesmo parágrafo que a Christopher Marlowe e a John Lyly no First Folio de Shakespeare.

The Spanish Tragedie foi escrita probablemente nos últimos anos da década dos 80 do século XVI. A primeira edición que sobreviviu ata os nosos días imprimiuse en 1592, sendo o título completo: The Spanish Tragedie, Containing the lamentable end of Don Horatio, and Bel-imperia: with the pittifull death of olde Hieronimo. É curioso que a obra se coñecese polo xeral polo nome do protagonista, "Hieronimo". Crese que era a obra máis popular da época de Shakespeare e que creou novos criterios que afectaban á construción da trama e dos personaxes. En 1602 publicouse unha nova versión da obra, con engadidos de Ben Jonson.[1]

Outras obras de Kyd son as súas traducións da obra de Torquato Tasso Pai dei Famiglia, publicada como The Householder's Philosophy (1588); e da Cornelia (1594) de Robert Garnier. Entre as obras que se atribúen a Kyd, tanto enteiras como en parte, inclúense: Soliman and Perseda, King Leir e Arden of Feversham. Unha versión burlesca de The Spanish Tragedie, The First Part of Jeronimo non é, case con seguridade, obra súa. Doutra banda é amplamente aceptado que Kyd é o autor do Hamlet previo á de Shakespeare (véxase: Ur-Hamlet). Kyd tamén escribiu algúns poemas, pero a maior parte do seu traballo perdeuse ou non pode identificarse como seu.

O éxito das obras de Kyd estendeuse por Europa; versións de The Spanish Tragedie e Hamlet popularizáronse en Alemaña e nos Países Baixos durante xeracións. A influencia destas obras no teatro europeo é a fonte do interese académico pola obra de Kyd na Alemaña do século XIX.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Cara de 1587 Kyd entrou ao servizo dun nobre, posiblemente Ferdinando Stanley, Lord Strange, o cal patrocinaba unha compañía de actores. É posible que Kyd traballase como o seu secretario, e que escribise tamén obras para a compañía. Preto de 1591 Christopher Marlowe comezou a traballar tamén para o mesmo patrón, e durante un tempo Marlowe e Kyd viviron e quizais escribiron xuntos.

O 11 de maio de 1593 o Consello Privado do Reino Unido ordenou o arresto dos autores de "varios libelos lascivos e amotinantes" ("divers lewd and mutinous libels"), cuxo cartel podía verse por todo Londres. Ao día seguinte Kyd atopábase entre os arrestados, polo que creu que alguén lle delatou. Rexistraron o seu aloxamento, pero no canto da evidencia que esperaban atopar o que acharon foi un texto arianista que un dos investigadores describiu como "viles mentiras heréticas negando a eterna deidade de Xesucristo o noso Señor e Salvador, atopados entre os papeis de Thos. Kydd (sic.), prisioneiro... o cal afirma que os obtivo de C. Marley (sic)" ("vile heretical conceits denying the eternal deity of Jesus Christ our LORD and Saviour found amongst the papers of Thos. Kydd (sic), prisoner ... which hei affirmeth hei had from C. Marley (sic)"). Crese que Kyd foi brutalmente torturado para obter esta información. Marlowe foi citado polo Consello privado pouco logo disto e mentres esperaba a decisión deste, foi asasinado (existen varias versións sobre como ocorreu isto).

Aínda que Kyd foi liberado posteriormente, non foi admitido de novo no servizo do seu patrón. Créndose tamén baixo sospeita de ateísmo escribiu ao Lord Keeper, Sir John Puck, promulgándose inocente, pero isto non lle serviu para nada. O último que sabemos do dramaturgo é que publicou a súa obra Cornelia a principios de 1594, en cuxa dedicatoria á condesas de Sussex fai referencia aos "amargos tempos e paixóns rotas" que sufriu. Morreu ese mesmo ano, á idade de 35 anos, posiblemente o 16 de xullo sendo enterrado o 15 de agosto en Londres. En decembro dese ano a súa nai renunciou a administrar as súas propiedades, probablemente porque estas estaban endebedadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thomas Kyd, The First Part of Hieronimo and The Spanish Tragedy, ed. Andrew S. Cairncross, Regents Renaissance Drama Series, Lincoln, Neb., 1967, p. xiv.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Philip Edwards, The Spanish Tragedy Methuen, 1959, reimpreso en 1974 ISBN 0-416-27920-1
  • Charles Nicholl, The Reckoning: The Murder of Christopher Marlowe, Vintage, 2002 (edición revisada) ISBN 0-09-943747-3 (En especial para as circunstancias do arresto de Kyd)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]