Saltar ao contido

The Man in the High Castle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Man in the High Castle
Imaxe
 Instancia de
 Título
The Man in the High Castle (en)
Le Maître du Haut Château (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Tema principal
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
outubro de 1962 Editar o valor en Wikidata
Historia
1934point of divergence (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de partes15 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF309275141 Editar o valor en Wikidata
Goodreads2398287 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2172404W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cfw7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Man in the High Castle é unha novela ucrónica de Philip K. Dick publicada en 1962. A novela transcorre nos Estados Unidos, 15 anos despois de que as forzas do Eixe (Alemaña, Italia e o Xapón e os seus aliados) derroten aos aliados na segunda guerra mundial. Neste mundo alternativo, o antigo territorio dos Estados Unidos foi dividido en tres partes, ocupando a súa costa estas forzas alemás e a costa oeste forzas xaponesas, situándose no medio unha franxa de estados autónomos.

Aínda que non é a primeira obra que trata unha versión alternativa da historia, esta novela practicamente definiu este xénero de literatura. Gañou un premio Hugo e axudou a Dick a converterse nun dos máis coñecidos escritores de ciencia ficción do seu tempo. Dentro das súas novelas, é unha das máis centradas nos personaxes, e practicamente non trata con temas clásicos da ciencia ficción que alagan as súas outras novelas.

O mundo alternativo

[editar | editar a fonte]
Mundo alternativo de The Man in the High Castle

O punto de diverxencia entre o mundo do home no castelo e a historia real é o asasinato do presidente dos Estados Unidos, Franklin D. Roosevelt, en 1933. Isto evita que o país se recobre da Gran Depresión, instaurando unha política de illamento durante a segunda guerra mundial.

Sen a asistencia dos Estados Unidos, Inglaterra e, finalmente, o resto de Europa, foron derrotadas polo Eixe. A frota xaponesa foi capaz de ocupar Hawai e a costa oeste dos Estados Unidos coa súa propia versión da guerra lóstrego.

Para 1947, todo o territorio dos aliados estaba baixo o control do Eixo. O territorio estadounidense reflicte a nova polaridade do mundo. Mentres a costa oeste (estados do Pacífico) está baixo o dominio xaponés, a costa leste (Estados Unidos) permanece ocupada polos alemáns. Os estados centrais (estados das Montañas Rochosas) aparentemente lograron manterse autónomos, pero están divididos en dúas áreas de influencia, unha xaponesa e outra alemá.

Adolf Hitler quedou incapacitado por sífilis cerebral ao final da guerra, polo que o chanceler do NSDAP, Martin Bormann, asumiu o liderado de Alemaña. Os nazis crearon o seu propio imperio colonial, causando xenocidios masivos de xudeus e negros, devastando África e desecando o Mediterráneo para convertelo en terras de cultivo. Tamén se lanzaron á exploración do espazo e desenvolveron tecnoloxías tales como o dominio do plástico, a produción masiva de automóbiles, a televisión, a bomba atómica e a bomba de hidróxeno.

Xapón, pola súa banda, lanzouse á conquista de Asia e América do Sur, con resultados dispares, e só logrou a ocupación de parte da China e Rusia. Cara ao momento no que transcorre a narración, Xapón e Alemaña atópanse enfrontados nunha guerra fría, marcada pola superioridade tecnolóxica alemá sobre o seu rival, que se estima de dez anos.

Durante a novela, Martin Bormann morre e os outros xerarcas nazis como Joseph Goebbels e Reinhard Heydrich compiten para converterse no novo chanceler do Reich. Ao mesmo tempo, existe un complot para realizar un ataque por sorpresa con armas nucleares sobre Xapón que permita a Alemaña ocupar as súas posesións imperiais.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Audiolibro

[editar | editar a fonte]

En 1997 publicouse un audiolibro de The Man in the High Castle, lido por George Guidall e cunha duración aproximada de 9,5 horas, divididas en sete cintas de casete.[1] No ano 2008 apareceu outro audiolibro publicado por Blackstone Audio, lido por Tom Weiner, cunha duración de 8.5 horas distribuídas en 7 CDs.[2][3] No ano 2014 apareceu unha terceira edición, esta vez publicada por Brilliance Audio. O encargado de poñer voz ao relato foi Jeff Cummings, durante 9:58 horas.[4]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Tras un longo número de intentos de adaptación do libro ás pantallas, a unidade de produción cinematográfica de Amazon comezou en outubro de 2014 a gravar un episodio piloto de The Man in the High Castle en Roslyn, Washington,[5] para unha nova serie que foi emitida na plataforma Amazon Prime.[6] O episodio piloto foi emitido por Amazon Studios o 15 de xaneiro de 2015,[7][8] e foi o episodio piloto máis visto na historia de Amazon, segundo o vicepresidente de Amazon Studios, Roy Price.[9] O 18 de febreiro de 2015, Amazon deu permiso para a produción da serie.[10] A serie estivo dispoñible para emisión en liña o 20 de novembro de 2015.[11]

A serie diverxe da novela en varios aspectos significativos. Na serie, os Pacific States of America e o Eastern American Reich, aparecen como meras provincias dos imperios xaponés e alemán, sen ningún signo de goberno autónomo. As Montañas Rochosas se converten, literalmente nunha zona neutral gobernada pola anarquía.

A segunda guerra mundial parece rematar de xeito simbólico en 1945, cos Estados Unidos rendéndose de xeito incondicional trala destrución de Washington, D.C. por unha bomba de hidróxeno; en lugar de 1947, como sucede no libro, en que os Estados Unidos son invadidos e derrotados por terra.

  1. Jesse Willis (2003-05-29). "Review of The Man In The High Castle by Philip K. Dick". SFFaudio. Consultado o 2015-12-10.
  2. "The Man in the High Castle". BlackstoneAudio.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2010. Consultado o January 10, 2016.
  3. L.B. "Audiobook review: THE MAN IN THE HIGH CASTLE By Philip K. Dick, Read by Tom Weiner". audiofilemagazine.com. Consultado o January 10, 2016.
  4. "The Man in the High Castle". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2017. Consultado o 29 de abril de 2016.
  5. Muir, Pat (5 de outubro de 2014). "Roslyn hopes new TV show brings 15 more minutes of fame". Yakima Herald. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2014.
  6. Andreeva, Nellie (24 de xullo de 2014). "Amazon Studios Adds Drama ‘The Man In The High Castle’, Comedy ‘Just Add Magic’ To Pilot Slate". Deadline. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
  7. "The Man in the High Castle: Season 1, Episode 1". Amazon.com. Consultado o 17 de xaneiro 2015.
  8. "The Man in the High Castle". Internet Movie Database. Consultado o 18 de xaneiro 2015.
  9. Lewis, Hilary (18 de febreiro de 2015). "Amazon Orders 5 New Series Including 'Man in the High Castle'". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de decembro de 2015.
  10. Robertson, Adi (18 de febreiro de 2015). "Amazon green-lights The Man in the High Castle TV series". TheVerge.com. Consultado o 10 de decembro de 2015.
  11. Moylan, Brian. "Does The Man in the High Castle prove that the best TV is now streamed?". The Guardian. Consultado o 10 de decembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]