The Handmaid's Tale (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Handmaid's Tale
FormatoDrama e distopía
Creado porBruce Miller
Desenvolvido por
  • Daniel Wilson Productions, Inc.
  • The Littlefield Company
  • White Oak Pictures
  • MGM Television
Intérpretes
Tema de aperturaAdam Taylor
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas4
Episodios46 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Toronto
Hamilton, Ontario
Cambridge, Ontario
Vaughan, Ontario
Duración47–63 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeHulu
Primeiro episodio26 de abril de 2017
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.hulu.com/the-handmaids-tale
IMDB: tt5834204 Filmaffinity: 494993 Allocine: 20677 Rottentomatoes: tv/the_handmaids_tale Allmovie: v683363 Metacritic: tv/the-handmaids-tale TV.com: shows/the-handmaids-tale
Facebook: handmaidsonhulu Twitter: handmaidsonhulu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Handmaid's Tale é unha serie de televisión estadounidense de xénero distópico e dramático creada por Bruce Miller, que está baseada na novela homónima de 1985 de Margaret Atwood. Foi encargada inicialmente polo servizo de vídeo en liña Hulu como unha serie de 10 episodios cuxa produción comezou a finais de 2016. O argumento sitúase nun futuro distópico despois da segunda guerra civil estadounidense, onde unha sociedade relixiosa e totalitaria mantén cativas as mulleres fértiles, chamadas "criadas", nun sistema de servidume co único obxectivo da reprodución.[1]

Os primeiros tres episodios da serie emitíronse o 26 de abril de 2017; os seguintes sete episodios emitíronse semanalmente. En maio de 2017, a serie foi renovada para unha segunda tempada que foi estreada o 25 de abril de 2018.[2] En maio de 2018, Hulu anunciou que a serie sería renovada para unha terceira tempada,[3] que se estreou o 5 de xuño de 2019.[4] En xullo de 2019, a serie foi renovada para unha cuarta tempada.[5] En setembro de 2019, anunciouse que Hulu e MGM estaban a desenvolver unha serie secuela, que está baseada na novela de Atwood The Testaments.[6]

The Handmaid's Tale recibiu a aclamación da crítica e a súa primeira tempada gañou oito Premios Primetime Emmy de trece nomeamentos, incluíndo mellor serie dramática, converténdose na primeira serie de servizo de streaming en gañar un Emmy á mellor serie.[7] Tamén gañou dous Globos de Ouro nas categorías de mellor serie de televisión dramática e mellor actriz para Elisabeth Moss.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bradley, Laura (2 de maio de 2018). Vanity Fair, ed. "The Handmaid’s Tale: Why Offred’s Latest Heartbreak Is the Most Devastating Yet". Consultado o 27 de xuño de 2018). 
  2. Vilkomerson, Sara (14 de xaneiro de 2018). Entertainment Weekly, ed. "The Handmaid's Tale: Here's the first trailer for season 2 (and a premiere date!)". Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  3. Holloway, Daniel (2 de maio de 2018). Variety, ed. "'The Handmaid's Tale' Renewed for Season 3 at Hulu". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  4. Roots, Kimberly (11 de febreiro de 2019). TVLine, ed. "The Handmaid's Tale Sets Season 3 Premiere Date at Hulu". Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  5. Roots, Kimberly (26 de xullo de 2019). "The Handmaid's Tale Renewed for Season 4 at Hulu". TVLine. Consultado o 26 de xullo de 2019. 
  6. Petski, Denise (4 de setembro de 2019). "Margaret Atwood’s ‘Handmaid’s Tale’ Book Sequel ‘The Testaments’ In The Works By MGM TV & Hulu". Deadline. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  7. Hipes, Patrick; N'Duka, Amanda (17 de setembro de 2017). "Hulu's 'The Handmaid's Tale' Win Marks First Best Series Emmy for a Streaming Service". Deadline Hollywood. Consultado o 19 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]