The Cramps
| The Cramps | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
The Cramps foi unha banda estadounidense de garage punk formada en 1976 e activa ata o ano 2009. A banda desapareceu despois da morte do vocalista Lux Interior.[1] A súa composición variou moito ao longo da súa traxectoria, sendo os únicos membros constantes o matrimonio formado por Lux Interior e a guitarrista Poison Ivy. O guitarrista Bryan Gregory e o batería Pam Ballam completaron a primeira formación en abril de 1976.
O grupo formou parte do primeiro movemento punk rock xurdido de Nova York. The Cramps destacan por influenciar a varios estilos musicais, xa que é unha das primeiras bandas de garage punk e tamén a primeira que mesturou o punk rock co rockabilly, polo que son recoñecidos como un dos principais innovadores do psychobilly, inspirando a moitas das primeiras bandas de rock gótico.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo | Observacións |
|---|---|---|---|
| Songs the Lord Taught Us | 1980 | Illegal | |
| Psychedelic Jungle | 1981 | I.R.S. | |
| Smell of Female | 1983 | Big Beat | Directo no Peppermint Lounge |
| A Date with Elvis | 1986 | Big Beat | |
| Stay Sick | 1990 | Enigma | |
| Look Mom No Head! | 1991 | Enigma | |
| Flamejob | 1994 | Creation | |
| Big Beat from Badsville | 1997 | Epitaph | |
| Fiends of Dope Island | 2002 | Vengeance |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Wild Wild World of The Cramps: Ian Johnston, Omnibus Press, 1990
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)