The Associates
| The Associates | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
The Associates (ou sinxelamente Associates) foi unha banda escocesa de post-punk formada en Dundee en 1979 polo vocalista Billy MacKenzie e o guitarrista Alan Rankine. O grupo comezou a gañar recoñecemento tras publicar unha versión non autorizada do tema de David Bowie "Boys Keep Swinging" como sinxelo de estrea en 1979, o cal lles conseguiu un contrato co selo Fiction Records.[1] Posteriormente apareceu o seu álbum de estrea, The Affectionate Punch, en 1980 e a colección de sinxelos Fourth Drawer Down en 1981, ámbolos dous traballos loubados pola crítica.[1]
No ano 1982 conseguiron o éxito comercial co álbum Sulk e os sinxelos "Party Fears Two" e "Club Country", e durante ese tempo foron asociados ao movemento New Pop.[2] Rankine deixou o grupo ese ano, deixando a MacKenzie gravar co nome de The Associates ata 1990.[1] A banda reuniuse brevemente en 1993. MacKenzie suicidouse no ano 1997.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| The Affectionate Punch | 1980 | Fiction Records |
| Sulk | 1982 | Beggars Banquet Records |
| Perhaps | 1985 | WEA |
| Wild and Lonely | 1990 | Circa Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "The Associates | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-24.
- ↑ "Now That's What I Call New Pop! - Page 5". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-24.