Teyeo[1] é unha parroquia do concelloasturiano de Ḷḷena. Ocupa boa parte (37,26 km² [2]) da parte máis meridional do concello e linda ao sur con terras da provincia de León, ao oeste coa parroquia de Tuíza, ao norte coas de Piñera e Xomezana e ao leste coas de Chanos de Somerón e Samiguel del Río. Ten unha poboación de 105 habitantes (segundo datos de 2018) que se reparten entre a vila homónima e os lugares de Armá, Arnón, La Cortina, La Cruz, Ḷḷandicuandia, Los Pontones, Reconcos, Rospaso e Traslacruz.